Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 29 de febreiro de 2012 Páx. 7359

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4857/2011).

Francisco Javier Gamero López-Peláez, secretario xudicial da sección número 1 da Sala Segunda do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación número 4857/2011 desta sección, seguido por instancia de Reparaciones Navales Díaz, S.L., Inversiones Caselas, S.L., contra a empresa Mantenimientos Industriales Díaz, S.L., Lorena Alonso Campos sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos que, desestimando o recurso de suplicación articulado por Inversiones Caselas, S.L. e Reparaciones Navales Díaz, S.L. contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 4 de Vigo, con data do 27 de xuño de 2011, en autos número 362/2011, en que é demandante Lorena Alonso Campos, confirmamos a resolución de instancia e impoñemos á parte recorrente o aboamento das custas procesuais que incluirán os honorarios do letrado da parte demandante impugnante en contía de 300 euros. Debe darse aos depósitos e consignacións o destino legal correspondente.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala n.º 1552 0000 35 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo. Seguen as sinaturas e a publicación».

Advírtese o destinatario de que as seguintes notificacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E, para que sirva de notificación a Mantenimientos Industriales Díaz, S.L.

A Coruña, 3 de febreiro de 2012.

O secretario xudicial