Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 29 de febreiro de 2012 Páx. 7357

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (recurso de suplicación 3944/2011-MCR).

Tipo e núm. de recurso: recurso de suplicación (3944/2011-MCR).

Xulgado de orixe/autos: demanda 628/2008, Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Recorrente: Manuel Ordóñez Fraga.

Avogado: José Miguel Orantes Canales.

Procurador/a:

Graduado/a social:

Recorridos: INSS, TXSS, Mutual Midat Cyclops, Lema Recarey, S.L.

Avogado/a:

Procurador/a:

Graduado/a social:

Edicto (recurso de suplicación 3944/2011-MCR).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3944/2011-MCR desta sección, seguido por instancia de Manuel Ordóñez Fraga contra a empresa Lema Recarey, S.L. e outros, sobre incapacidade permanente, se ditou a resolución cuxa parte dispositiva di así:

«Desestimamos o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de Manuel Ordóñez Fraga contra a sentenza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, do 18 de febreiro de 2011, en autos 628/2008, que confirmamos.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia-Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado perante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para interpor recurso, na conta de consignacións desta sala-sección aberta en Banesto co n.º 1552, debendo indicar no campo concepto «Recurso» seguida do código «35 Social casación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o código «35 Social casación». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de Observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que conste e sirva de notificación á empresa Lema Recarey, S.L., expido e asino este edicto na Coruña o 31 de xaneiro de 2012.

A secretaria xudicial