Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 29 de febreiro de 2012 Páx. 7361

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (44/2009).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de Quintín Martínez González contra o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), Mutua Fremap, Nalco Española, S.A. e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), en reclamación por seguridade social, rexistrado co número 44/09 acordouse notificar a Nalco Española, S.A., en ignorado paradoiro, co fin de notificar a parte dispositiva do auto do 7.2.2012.

Parte dispositiva.

Que rectifico o erro material que contén a parte dispositiva da sentenza, que debe quedar redactada da seguinte forma:

«Que estimo a demanda presentada por Quintín Martínez González contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Fremap e a mercantil Nalco Española, S.A., declarando o dereito do demandante a percibir unha pensión de viuvez do 52% sobre unha base reguladora de 2.234,66 euros, en doce pagas anuais, con efectos desde o 31.10.2006, cos aumentos, melloras e revalorizacións que legalmente procedan, e condeno as demandadas a estar e pasar por tal declaración, e a Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales, a anticipar as ditas prestacións, todo iso sen prexuízo do seu dereito a repetir contra a empresa demandada como responsable empresarial, e con responsabilidade subsidiaria do INSS e a TXSS, como Fondo de Garantía de Accidente de Traballo».

Esta resolución é firme e contra ela non cabe recurso ningún, ben que, pode impoñerse recurso contra a resolución que se rectifica, no modo e forma nesta establecidos, desde a notificación ás partes do presente auto.

Así o acordo, mando e asino, M.ª del Carmen Barcala Barreiro, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña.

E para que sirva de notificación a Nalco Española, S.A., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 9 de febreiro de 2012.

A secretaria xudicial