Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2012 Páx. 7190

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (627/2009).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número 3 da Coruña fago saber que no proceso seguido por instancia de Catrina Muíño Reimúndez, Vanessa Martínez Vila, Celsa Josefa Cabeza Souto, María Isabel España Castro, Rosa María Aldao Bello, Begoña Nieto Juncal, Vanesa Rodríguez Mato, Beatriz Rodríguez Mato, Alim Mirela, Mihaela Coria Mocanu contra Ludatex Carballo, S.L., Carballo, S.L. administrador concursal Ludatex, o Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co número 627/2009, foi ditada a seguinte sentenza:

«Na cidade da Coruña, 10 de novembro de 2011.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 do xulgado e localidade ou provincia da Coruña, despois de ver os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante Catrina Muíño Reimúndez, Vanessa Martínez Vila, Celsa Josefa Cabeza Souto, María Isabel España Castro, Rosa María Aldao Bello, Begoña Nieto Juncal, Vanesa Rodríguez Mato, Beatriz Rodríguez Mato, Alim Mirela, Mihaela Coria Mocanu, coa comparecencia do letrado Felipe Martínez Ramonde en nome e representación das demandantes, e doutra, como demandada, a empresa Ludatex Carballo, S.L., que non comparece a pesar de estar citada, pola administración concursal de Ludatex Carballo, S.L. comparece a administradora concursal M.ª del Carmen García Pallas.

En nome do rei ditou a seguinte sentenza 532/11.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Alim Mirela, Rosa María Aldao Bello, Mihaela Coria Mocanu, Catrina Muíño Reimúndez, Vanessa Martínez Vila, María Isabel España Castro, Celsa Josefa Cabeza Souto, Begoña Nieto Juncal, Beatriz Rodríguez Mato e Vanesa Rodríguez Mato presentaron o día 4 de xuño de 2009, ante o decanato desta cidade, unha demanda contra a empresa Ludatex Carballo, S.L. –posteriormente ampliada contra a administración concursal da empresa demandada–, na cal, despois de facer as alegacións de feito e de dereito que tivo por oportunas, solicitaba a condena ao aboamento das cantidades sinaladas.

Segundo. Admitida a trámite a demanda, fixouse como data para a realización do xuízo o 10 de novembro de 2011, e compareceron a este só a parte demandante e a administración concursal. Aberto o acto, e dada conta, a demandante afirmouse e ratificouse na súa demanda, coa aclaración que consta na acta da vista. Pola parte demandada contestouse a demanda nos termos que constan documentados na acta. Acordouse recibir o pleito a proba, e no devandito trámite practicouse a documental e interrogatorio proposto, pasándose a seguir ao trámite de conclusións, co que se deu por finalizado o acto.

Terceiro. Na tramitación do presente xuízo observáronse e cumpríronse as disposicións legais.

Feitos probados.

1.º As partes demandantes prestaron servizos para a empresa demandada coas antigüidades, salarios e categorías que figuran no feito primeiro da demanda que aquí se dá por reproducido.

2.º A empresa debe ás demandantes as seguintes cantidades:

– Alim Mirela: 659 euros do seu salario de abril de 2009 e 221,51 euros por vacacións non desfrutadas do ano 2009.

– Rosa María Aldao Bello: 659 euros do seu salario de abril de 2009 e 221,51 euros por vacacións non desfrutadas do ano 2009.

– Mihaela Coria Mocanu: 659 euros do seu salario de abril de 2009 e 221,51 euros por vacacións non desfrutadas do ano 2009.

– Catrina Muíño Reimúndez: 659 euros do seu salario de abril de 2009 e 221,51 euros por vacacións non desfrutadas do ano 2009.

– Vanessa Martínez Vila: 690,38 euros do seu salario de abril de 2009 e 223,51 euros por vacacións non desfrutadas do ano 2009.

– Celsa Josefa Cabeza Souto: 221,51 euros por vacacións non desfrutadas do ano 2009.

– Begoña Nieto Juncal: 221,51 euros por vacacións non desfrutadas do ano 2009.

– Beatriz Rodríguez Mato: 219,62 euros por vacacións non desfrutadas do ano 2009.

– Vanesa Rodríguez Mato: 109,76 euros por vacacións non desfrutadas do ano 2009.

3.º Realizouse un intento de conciliación ante o SMAC sen efecto.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Os referidos feitos probados foron acreditados pola proba practicada valorada no seu conxunto. En especial, tívose en conta o recoñecemento dos feitos probados pola parte demandante e pola demandada que compareceu, é dicir, pola administración concursal e, ademais, as nóminas presentadas pola codemandada. A este respecto, a parte demandante manifestou que, en relación ás cinco traballadoras das cales constaba a nómina de abril de 2009 asinada, recoñecía a percepción das cantidades debidas en concepto de salarios, pero non a correspondente ás vacacións reclamadas. Non obstante, nunha das nóminas, a de María Isabel España Castro, consta tamén o concepto parte proporcional de vacacións, polo que tamén se debe ter por aboado tal concepto, co que ningunha das cantidades reclamadas se lle deberían á citada. Ademais da valoración da proba referida, fíxose aplicación do artigo 91.2 LPL, verbo da incomparecencia do representante legal da empresa para o seu interrogatorio.

Segundo. A pretensión da parte demandante ten o seu apoio nos artigos 4.2 e 29 E.T., nos cales se recoñece o dereito dos traballadores á percepción puntual da remuneración pactada ou legalmente establecida.

Pois ben, corresponde á empresa acreditar o aboamento dos salarios debidos recollidos no feito probado segundo, unha vez probada a relación laboral; pero non se acredita o aboamento, e por iso procede ditar sentenza condenatoria nos termos interesados, tendo, ademais, en conta que a administración concursal non se opuxo á estimación da demanda. Así mesmo, e como se indicou, unicamente respecto de María Isabel España Castro, a demanda debe ser integramente desestimada, dado que figura na nómina de abril de 2009 o aboamento da parte proporcional da vacacións, nómina que consta asinada baixo o recibín pola citada demandante.

Decido:

1.º Estimo a demanda formulada por Alim Mirela, Rosa María Aldao Bello, Mihaela Coria Mocanu, Catrina Muíño Reimúndez, Vanessa Martínez Vila, Celsa Josefa Cabeza Souto, Begoña Nieto Juncal, Beatriz Rodríguez Mato e Vanesa Rodríguez Mato contra a empresa Ludatex Carballo, S.L. e a administración concursal, con condena da empresa demandada ao aboamento das cantidades que a seguir se detallan:

– Alim Mirela: 659 euros do seu salario de abril de 2009 e 221,51 euros por vacacións non desfrutadas do ano 2009.

– Rosa María Aldao Bello: 659 euros do seu salario de abril de 2009 e 221,51 euros por vacacións non desfrutadas do ano 2009.

– Mihaela Coria Mocanu: 659 euros do seu salario de abril de 2009 e 221,51 euros por vacacións non desfrutadas do ano 2009.

– Catrina Muíño Reimúndez: 659 euros do seu salario de abril de 2009 e 221,51 euros por vacacións non desfrutadas do ano 2009.

– Vanessa Martínez Vila: 690,38 euros do seu salario de abril de 2009 e 223,51 euros por vacacións non desfrutadas do ano 2009.

– Celsa Josefa Cabeza Souto: 221,51 euros por vacaciσns non desfrutadas do ano 2009.

– Begoña Nieto Juncal: 221,51 euros por vacacións non desfrutadas do ano 2009.

– Beatriz Rodríguez Mato: 219,62 euros por vacacións non desfrutadas do ano 2009.

– Vanesa Rodríguez Mato: 109,76 euros por vacacións non desfrutadas do ano 2009.

Así mesmo, a administración concursal da empresa demandada deberá pasar polo presente pronunciamento nos termos recollidos na lei concursal.

2.º Desestímase a acción presentada por María Isabel España Castro.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habentecausa seu, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 150 euros na conta aberta no Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado co n.º 1533.0000.65.0627.09, demostrándoo mediante a presentación do comprobante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co n.º 1533.0000.60.0627.09, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, xulgado definitivamente».

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, estando a realizar audiencia pública no día da data, do cal dou fe.

E para que sirva de notificación a Ludatex Carballo, S.L., Carballo, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 9 de febreiro de 2012.

O secretario xudicial