Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2012 Páx. 7001

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (1169/2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1169/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de María de los Ángeles Lago Pequeño contra a empresa Sabino Martínez Espasinde, sobre despedimento, se ditou a seguinte sentenza, cuxa resolución di:

«Que debo aceptar e acepto a demanda que en materia de despedimento foi interposta por María de los Ángeles Lago Pequeño contra a entidade Sabino Martínez Espasinde e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que a demandante foi obxecto con data do 30 de setembro de 2011 e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes, desde a data da presente resolución, ao cesar na súa actividade a anterior entidade, e condeno a entidade Sabino Martínez Espasinde ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 2.153,46 euros, máis o aboamento dos salarios de tramitación entre a data do despedimento e a presente resolución, cuantificados a razón de 38,28 euros diarios, polo tanto, 4.708,89 euros. Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada, non se admitirá este sen a consignación previa do importe da condena que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, máis 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da LRXS. Ambos os dous ingresos deberanse efectuar por separado na mesma conta corrente antes indicada e a empresa pode substituír o importe da consignación pola constitución á disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista. Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

E para que lle sirva de notificación á empresa Sabino Martínez Espasinde, en paradoiro ignorado, expido e asino este edicto na Coruña o 7 de febreiro de 2012.

A secretaria xudicial