Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2012 Páx. 7000

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Barco de Valdeorras

EDICTO de providencia (creba 254/1994).

Nos autos de referencia, peza cuarta da creba 254/1994, de Comercial Gallega de Productos Alimenticios, S.L., ditouse a seguinte resolución:

«Providencia do xuíz Fernando Barcia González.

No Barco de Valdeorras o 25 de xaneiro de 2012.

Únase á peza separada da súa razón o anterior escrito, presentado polo procurador Sr. Martínez Rodríguez.

Á vista do interesado, convócanse os acredores recoñecidos á xunta xeral para graduación de créditos, para cuxo efecto se sinala o día dezaoito de abril, ás once horas, na sala de audiencia deste xulgado. Para ese día os síndicos terán formados os catro estados a que se refire o artigo 1123 do Código de comercio de 1829 e os graduados nas dúas seccións que prevé o artigo 912 do Código de comercio de 1885.

Citen os síndicos, para a expresada xunta, na forma establecida no artigo 1025 do Código de comercio de 1829, e anúnciese por edictos que se publicarán no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Boletín Oficial da provincia.

As anteriores disposicións son aplicables ao presente procedemento conforme o disposto na disposición transitoria primeira da Lei 22/2003, do 9 de xullo.

Contra esta resolución cabe recurso de reposición no prazo de cinco días, que se interporá por escrito ante este xulgado.

Así o acorda e asina S.S.ª e eu dou fe.

O maxistrado. O/a secretario/a xudicial».

E para que lle sirva de notificación e citación a quen corresponda, expídese este edicto no Barco de Valdeorras o 25 de xaneiro de 2012.

O/a secretario/a