Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2012 Páx. 6998

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2012, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de arquitectos técnicos.

Na sesión que tivo lugar o día 20 de febreiro de 2012, o tribunal nomeado pola Orde do 13 de decembro de 2011 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de arquitectos técnicos, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Anular, con base nas alegacións presentadas, a pregunta número 54, que pasa a ser substituída pola pregunta de reserva número 101.

Segundo. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións e alegacións presentadas.

Terceiro. Que, de acordo co establecido na base II.1.1.1 da orde da convocatoria, superaron o primeiro exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez (10) puntos, fixándose en corenta e cinco (45) o número de respostas correctas para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na mesma base, para os dous sistemas de acceso.

Cuarto. Realizar os trámites oportunos para publicar as puntuacións obtidas polos/as aspirantes que se presentaron ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de arquitectos técnicos, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Quinto. Que, de acordo co disposto na base II.1.2.8 da orde da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. De conformidade co disposto na base III.1.13 da convocatoria, contra estes acordos poderase interpoñer recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2012.

Xan Xosé Castro Dapena
Presidente do tribunal