Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2012 Páx. 7003

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

CÉDULA de notificación de sentenza (P.O. 532/2011-M).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número P.O. 532/2011, por instancia de Alejandra Moure Fernández contra Maga Grúas Coruña, S.L., sobre salarios, nos cales o día 25 de outubro de 2011 se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Que debo aceptar e acepto a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Alejandra Moure Fernández contra Maga Grúas Coruña, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Maga Grúas Coruña, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 15.171,03 euros líquidos, polos salarios xerados e impagados desde maio de 2010 a febreiro de 2011, incrementada no interese do 10% por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada, non se admitirá este sen a consignación previa do importe da condena que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, máis 150 euros do depósito especial indicado no artigo 227.1.a) da Lei de procedemento laboral. Ambos os dous ingresos deberán efectuarse por separado na mesma conta corrente antes indicada e a empresa pode substituír o importe da consignación pola constitución á disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que conste, para inserilo no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Maga Grúas Coruña, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, agás as que revistan forma de localizacións, sentenzas e autos, expido e asino esta cédula na Coruña o 7 de febreiro de 2012.

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial