Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2012 Páx. 7005

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (P.O. 657/2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 657/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Díaz Armentia contra a empresa Hermanos Caamaño La Coruña, S.L., sobre reclamación de cantidade –ordinario–, se ditou a seguinte sentenza cuxa decisión di:

«Que debo aceptar e acepto a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Manuel Díaz Armentia contra a entidade Hermanos Caamaño La Coruña, S.L., e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Hermanos Caamaño La Coruña, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 2.620 euros líquidos, polos salarios xerados entre setembro e novembro de 2010, ambos os dous inclusive, incrementados no xuro do 10% por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada, non se admitirá este sen a consignación previa do importe da condena que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, máis 150 euros do depósito especial indicado no artigo 227.1.a) da Lei de procedemento laboral. Ambos os dous ingresos deberanse efectuar por separado na mesma conta corrente antes indicada e a empresa pode substituír o importe da consignación pola constitución, á disposición deste xulgado, de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista. Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación á empresa Hermanos Caamaño La Coruña, S.L., en paradoiro ignorado, expido e asino este edicto na Coruña o sete de febreiro de dous mil doce».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A secretaria xudicial