Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2012 Páx. 7007

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (983/2011).

N.º autos: despedimento/cesamentos en xeral 983/2011.

Demandante: María Jesús Gómez Vázquez.

Avogada: Isabel Crende Rey.

Rafael González Alió, secretario do social número 1 de Lugo, fago saber que por resolución ditada no proceso seguido por instancia de María Jesús Gómez Vázquez contra Josefa Castro García e Lofi, C.B., en reclamación por despedimento, rexistrado co n.º 983/2011, se acordou citar a Josefa Castro García e Lofi, C.B., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 23.3.2012 ás 11.35, para a celebración dos actos de conciliación e, se for o caso, xuízo, que terán lugar na sala de vistas deste Xulgado do Social número 1, sito na r/ Armando Durán, 1-4.º, de Lugo; e deben comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e con todos os medios de proba de que se tenten valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 7 de febreiro de 2012.

O secretario xudicial