Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2012 Páx. 7008

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1190/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, de reforzo, fago saber que nos autos rexistrados co número 1190/2009 ditouse a resolución cuxo encabezamento e resolución é o seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 6 de febreiro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade número 1190/2009, sendo demandante Julia Sebelon Barrio, asistida polo letrado Sr. Páramo Sureda, e demandada a empresa Exclusivas Seller, S.L.

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Julia Sebelon Barrio contra Exclusivas Seller, S.L., e, en consecuencia, condeno esta última a aboar a Julia Sebelon Barrio, a cantidade de 993,77 euros que lle debe.

Notifíquese a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpoñer ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola magistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E, para que sirva de notificación a Exclusivas Seller, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 8 de febreiro de 2012.

A secretaria xudicial