Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2012 Páx. 7009

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1196/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, de reforzo, fago saber que nos autos rexistrados co número 1196/2009 ditouse a resolución cuxo encabezamento e decisión é o seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 6 de febreiro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade número 1196/2009. É demandante Mónica Rodríguez Cora, asistida polo letrado Sr. Pedreira Candal, e demandada a empresa Arco, Área de Comunicación, S.A.

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de Mónica Rodríguez Cora contra a empresa Arco, Área de Comunicación, S.A., e, en consecuencia, condeno a esta última a aboar a Mónica Rodríguez Cora a cantidade de 4.324,54 euros que lle debe.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E, para que sirva de notificación a Arco, Área de Comunicación, S.A., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 8 de febreiro de 2012.

A secretaria xudicial