Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6851

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2012 pola que se convoca concurso público para a provisión de prazas de profesorado contratado doutor (CD1201).

De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), en diante LOU, e no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario, e segundo o establecido nos estatutos da Universidade de Vigo, aprobados polo Decreto 7/2010, do 14 de xaneiro (DOG do 2 de febreiro), da Xunta de Galicia.

Esta Reitoría, no uso das competencias recoñecidas pola LOU, resolveu convocar concurso para a/as praza/s que figura no anexo I desta resolución, con suxeición ás seguintes

Bases da convocatoria

Primeira. Normas xerais.

Este concurso rexerase pola LOU, polo Decreto 266/2002, pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante Lei 30/1992), polos estatutos da Universidade de Vigo, polo Regulamento de profesorado da Universidade de Vigo, aprobado polo Consello de Goberno o 14 de xuño de 2005, e pola normativa reguladora dos concursos de acceso aos corpos docentes universitarios e do procedemento de selección de profesorado contratado doutor con vinculación permanente na Universidade de Vigo, aprobada polo Consello de Goberno no 8 de outubro de 2008.

Segunda. Requisitos das persoas candidatas.

2.1. Para poderen ser admitidas á realización destas probas selectivas, as persoas que sexan aspirantes deberán reunir os requisitos exixidos nesta bases na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes e mantelos ata a toma de posesión:

a) Ter nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea ou nacional daqueles Estados a que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores e traballadoras nos termos establecidos na Lei 7/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril).

Tamén poderán participar o cónxuxe, descendentes e descendentes do cónxuxe, das persoas con nacionalidade española e de quen sexa nacional doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas. Este último beneficio será igualmente de aplicación a familiares de nacionais doutros Estados cando así se prevexa nos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España.

Os nacionais de Estados distintos dos apuntados anteriormente poderán tamén participar nos concursos e ser contratados sempre que se atopen legalmente en España, dispoñendo do documento que os habilite para residir e acceder sen limitacións ao mercado de traballo.

b) Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.

c) Estar en posesión da titulación de doutor ou doutora. No caso de títulos obtidos no estranxeiro, deberá achegarse credencial que acredite a súa homologación ou o seu recoñecemento para o exercicio como docente de universidade.

d) Acreditar a avaliación positiva pola Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación ou pola Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia. Quen pertenza aos corpos docentes universitarios e as persoas candidatas que se atopen habilitadas ou acreditadas para eles resultarán admitidas nos termos e condicións establecidos na Resolución da Dirección Xeral de Universidades do 18 de febreiro de 2005 (BOE do 4 de marzo).

e) Ter aboado as taxas por dereitos de exame dentro do prazo de presentación de solicitudes.

f) Non ter sido separado do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos. As persoas aspirantes cuxa nacionalidade non sexa a española deberán acreditar non estaren inhabilitados ou en situación equivalente, nin estaren sometidas a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.

g) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas correspondentes á praza.

Terceira. Solicitudes.

3.1. As solicitudes para participar no concurso axustaranse ao modelo que figura como anexo II a esta convocatoria e dirixiranse ao reitor da Universidade de Vigo no prazo de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ao de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo coincide con sábado ou día inhábil na universidade, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte segundo o artigo 48 da Lei 30/1992.

3.2. As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral (edificio Xerencia-Servizos Centrais, Campus Universitario, 36310 Vigo), ou nos rexistros auxiliares da Universidade de Vigo (Campus de Pontevedra, Campus de Ourense e r/ Torrecedeira, n.º 86, Vigo), ou de acordo coas restantes formas previstas en artigo 38 da Lei 30/1992. As solicitudes no estranxeiro poderán cursarse a través das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.

Os dereitos de exame serán de 40,74 euros e ingresaranse na conta corrente n.º 2091 0501 64 3110000201, Nova Caixa Galicia, OP Vigo, Universidade de Vigo, taxas. O pagamento realizarase directamente nas oficinas da citada entidade, utilizando para iso exclusivamente o impreso de solicitude (anexo II) ou mediante transferencia bancaria en que deberá constar obrigatoriamente o nome e apelidos da persoa interesada, o código, a categoría e a área da praza a que concursa. En ningún caso a mera presentación da solicitude e o pagamento na entidade bancaria suporán a substitución do trámite de presentación en tempo e forma da solicitude ante o órgano expresado na base 3.1.

Segundo o disposto no artigo 23 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións da Comunidade Autónoma de Galicia, estarán exentas do pagamento as persoas con discapacidade igual ou superior ao 33% e os membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial. Aplicarase unha bonificación do 50% na taxa de inscrición aos membros de familias numerosas de categoría xeral. Nos tres supostos será necesario que coa solicitude presenten as respectivas certificacións que o acrediten.

Así mesmo, terán unha bonificación do 50% da taxa as persoas que figurasen como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data de publicación desta convocatoria e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego, aspectos que deberán ser certificados pola oficina dos servizos públicos de emprego.

Os dereitos de exame serán reintegrados de oficio ás persoas que sexan aspirantes cando as probas non se realicen, sempre que cubrisen os datos bancarios necesarios para facer a devolución.

3.3. Coa instancia achegaranse necesariamente os seguintes documentos, sendo causa de exclusión a falta dalgún deles:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade. Quen sexa aspirante, non posúa a nacionalidade española e teña dereito a participar deberá presentar fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade e, de ser o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo de quen sexa nacional doutro Estado co que teñan o dito vínculo. Así mesmo, deberá presentar declaración xurada ou promesa de non estar separado de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, do feito de que vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.

b) Fotocopia compulsada do título de doutor ou doutora. Cando corresponda, deberá acompañarse da credencial de homologación ou recoñecemento profesional.

c) Fotocopia compulsada da credencial da avaliación positiva da súa actividade docente e investigadora expedida pola axencia ou órgano de avaliación competente. A persoa que sexa funcionaria dos corpos docentes universitarios deberá presentar certificación de servizos prestados acreditativa de tal condición e as persoas candidatas que se atopen habilitadas copia da credencial que o acredite.

d) No suposto de ser docente dunha praza de igual categoría, folla de servizos que acredite o seu desempeño.

e) Xustificante do pagamento de taxas de exame.

3.4. Os erros de feito que se puideren advertir poderán emendarse en calquera momento, de oficio ou por petición da persoa interesada. Quen sexa aspirante queda vinculado aos datos que fixese constar nas súas solicitudes, podendo unicamente demandar a súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido na base 3.1 para a presentación de solicitudes. Transcorrido este prazo, non se admitirá ningunha petición desta natureza, excepto causa excepcional sobrevida, xustificada e discrecionalmente apreciada pola universidade.

Cuarta. Admisión de aspirantes.

4.1. No prazo máximo de 15 días hábiles desde o final do prazo de presentación de solicitudes, o reitor da Universidade de Vigo ditará unha resolución aprobando a relación provisoria de persoas admitidas e excluídas, con indicación das causas de exclusión, que será publicada no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral da Universidade de Vigo, que servirá de notificación para todos os efectos, e a título divulgativo nos taboleiros de anuncios dos rexistros auxiliares e no enderezo da internet: http://persoal.uvigo.es/persoal_gl/PDI/emprego/, ligazón Convocatorias concursos de acceso.

4.2. Contra a dita resolución as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante o reitor, no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da súa publicación. Resoltas as ditas reclamacións, publicarase nos mesmos lugares a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas.

Quinta. Comisión de acceso.

5.1. As comisións de acceso deberán procurar unha composición equilibrada entre mulleres e homes, salvo cando non sexa posible por razóns fundadas e obxectivas, debidamente motivadas. De acordo co que establece o artigo 83 dos Estatutos da Universidade de Vigo, a composición das comisións é a que figura no anexo III desta convocatoria e terá a categoría primeira das recollidas no artigo 30 do Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo.

Salvo petición da presidencia noutro sentido e debidamente autorizada, cada comisión terá a súa sede e actuará no centro en que teña a súa sede o departamento a que se adscriba cada unha das prazas convocadas.

5.2. O nomeamento como membro dunha comisión é irrenunciable, salvo cando concorra causa xustificada, debidamente alegada pola persoa interesada e así apreciada por esta Reitoría. Os membros da comisión deberán absterse de actuar e poderán ser recusados nos casos e polos motivos previstos no artigo 28 da Lei 30/1992. Resolta a renuncia, a abstención ou a recusación, as persoas afectadas serán substituídas polos respectivos suplentes e, na súa falta, por orde correlativa e en último caso resolverá o reitor.

5.3. A comisión deberá constituírse no prazo dun mes desde a publicación da relación definitiva de persoas admitidas e excluídas. Transcorrido o prazo sen que se constituíse, o reitor procederá á substitución da persoa que exerza a presidencia titular.

5.4. A constitución de cada comisión exixirá a asistencia de cinco dos seus membros, titulares ou suplentes, se for o caso. A presidencia, unha vez realizadas as consultas pertinentes cos restantes membros, convocará a quen sexa membro titular e, de ser o caso, suplente, cunha anticipación mínima de dez días hábiles, fixando o lugar, a data e a hora para proceder ao acto de constitución da comisión. Os membros titulares serán substituídos polos seus respectivos suplentes, en primeiro lugar, ou por orde correlativa.

No acto de constitución a comisión establecerá os criterios de valoración do concurso adecuados ao perfil da praza e faraos públicos antes do acto de presentación dos candidatos e candidatas.

5.5. Unha vez constituída a comisión, en caso de ausencia da persoa que exerza a presidencia, esta será substituída polo catedrático ou catedrática de universidade con maior antigüidade que teña recoñecidos, polo menos, dous tramos de investigación.

5.6. Para que a comisión poida actuar validamente requirirase a asistencia de, ao menos, tres dos seus membros, entre os cales figurarán obrigatoriamente as persoas que ocupen a presidencia e a secretaría. Os membros da comisión que estiveren ausentes da proba cesarán en tal condición, sen prexuízo das responsabilidades en que puideren ter incorrido. Á secretaría de cada comisión corresponderanlle as actuacións administrativas e a xestión económica propias da comisión, auxiliado polo persoal de administración e servizos do centro en que teña a súa sede.

5.7. Durante o desenvolvemento do concurso, a comisión resolverá as dúbidas que puideren xurdir na aplicación destas normas, así como o que proceda nos casos non previstos nelas. En todo momento a súa actuación se axustará ao disposto na Lei 30/1992.

Sexta. Acto de presentación e proba.

6.1. A presidencia da comisión convocará quen participe no concurso ao acto de presentación cunha anticipación mínima de dez días hábiles, indicando o lugar e a hora para realizar o acto de presentación.

6.2. No acto de presentación, que será público, quen sexa concursante entregará:

a) O currículum vitae por sextuplicado, que deberá axustarse ao modelo que se achega como anexo IV, no cal detallarán os seus méritos, historial académico docente e investigador.

b) O seu proxecto docente e investigador adecuado ao perfil do concurso, tamén por sextuplicado.

c) Un exemplar das publicacións e dos documentos acreditativos do consignado no currículum vitae, con independencia de que a comisión poida solicitar documentación complementaria acreditativa orixinal ou compulsada.

6.3. No acto de presentación determinarase, mediante sorteo, a orde de actuación das persoas candidatas, e a comisión fixará e publicará o lugar, a data e a hora de comezo da proba, a cal deberá iniciarse no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao acto de presentación. Este prazo poderá ser renunciable por escrito polas persoas concursantes. Igualmente, a comisión fixará o prazo durante o cal poderán examinar a documentación presentada polas restantes persoas que concursen.

6.4. A comisión valorará exclusivamente os méritos que, sendo alegados por quen sexa aspirante no currículum vitae, estean debidamente xustificados e sempre referidos á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

6.5. Os concursos realizaranse nas dependencias da Universidade de Vigo. Constarán dunha única proba, que será pública e que consistirá na exposición oral, durante un tempo mínimo de trinta minutos e máximo de dúas horas, dos méritos e historial académico docente e investigador, así como do proxecto docente e investigador presentado. A seguir, a comisión debaterá co candidato ou candidata durante un tempo máximo de dúas horas sobre os seus méritos, o seu proxecto docente e investigador e a adecuación destes ao perfil da praza obxecto do concurso.

6.6. Finalizada a proba, cada membro da comisión entregará á presidencia un informe razoado, axustado aos criterios previamente fixados de cada unha das persoas que concursen, con expresión explícita de voto favorable ou desfavorable.

6.7. Para superar a proba é necesario obter, polo menos, tres votos favorables dos membros da comisión. De non acadar ningunha candidatura polo menos tres votos favorables, o proceso poderá concluír coa proposta de non provisión, que deberá ser suficientemente motivada.

6.8. A proposta de provisión de prazas realizarase conforme os votos favorables recibidos dos membros da comisión. En caso de empate, recorrerase á votación, sen que sexa posible a abstención. De persistir o empate, dirimirá o voto da presidencia.

Sétima. Proposta, presentación de documentos e formalización de contratos.

7.1. A comisión elevará ao reitor, motivadamente e con carácter vinculante, a relación de todas as persoas que superaren a proba por orde de preferencia. A comisión poderá propor a non provisión da praza xustificando esta decisión. Este acordo publicarase no centro onde se celebre a proba e servirá de notificación ás persoas interesadas para todos os efectos.

7.2. No prazo dos tres días hábiles seguintes ao de finalización da súa actuación, a secretaría da comisión entregará no Servizo de Persoal Docente e Investigador da Universidade de Vigo a documentación completa relativa ás súas actuacións e un exemplar da documentación presentada por cada persoa que concursase.

7.3. As persoas propostas para a provisión das prazas deberán presentar no prazo dos vinte días naturais seguintes ao de publicación da proposta da comisión no lugar de celebración da proba, nos lugares e conforme o procedemento previsto na base 3.2., os seguintes documentos:

a) Declaración de non incorrer en incompatibilidade, segundo o establecido na Lei 53/1984, do 26 de setembro (BOE do 4 de xaneiro de 1985).

b) Declaración xurada ou promesa de non estar en separación de servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos en virtude de expediente disciplinario para o exercicio das funcións docentes e asistenciais.

Quen concurse e non teña a nacionalidade española deberá acreditar non estar baixo sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública segundo o establecido na Lei 7/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril).

c) Certificado médico oficial de non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico que incapacite para o desempeño das funcións correspondentes a docente de universidade.

Quen teña a condición de funcionario de carreira estará exento de xustificar e presentar os documentos das alíneas b) e c), tendo que presentar certificado (folla de servizos) da universidade ou organismo de que dependan que acredite a súa condición e das circunstancias que consten na folla de servizos. De acordo coa base 3.3 d), non será necesario o dito certificado cando xa se tiver presentado coa solicitude de participación.

7.4. O reitor da Universidade de Vigo efectuará o nomeamento como profesor contratado doutor ou como profesora contratada doutora das persoas propostas pola comisión nun número delas que non exceda o número de prazas convocadas a concurso, unha vez que acrediten en prazo a documentación requirida; de non facelo, o reitor procederá, se for o caso, ao nomeamento da seguinte persoa na orde proposta.

7.5. O nomeamento especificará a denominación da praza, categoría e área de coñecemento, e remitirase para a súa publicación ao Diario Oficial de Galicia.

7.6. No prazo máximo de vinte días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación do nomeamento no Diario Oficial de Galicia, formalizarase a contratación da persoa proposta. A sinatura do contrato ten carácter persoal e intransferible. No caso de que non asine no prazo sinalado sen autorización expresa, considerarase que renuncia á praza e poderase proceder ao nomeamento da seguinte persoa na orde prevista na base 7.1.

7.7. O contrato terá duración indefinida e a xornada de traballo será a fixada con carácter xeral para os corpos docentes universitarios. O período de proba será de 6 meses, considerándose superado sempre que non conste obxección expresa contraria dentro dese prazo.

7.8. As referencias a necesidades e obrigacións docentes e ao centro de adscrición que poida conter a convocatoria non suporán para quen teña adxudicada a praza dereito de vinculación exclusiva a tal actividade docente e destino.

7.9. O contrato estará suxeito á Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas. O seu incumprimento será causa de extinción do contrato.

Oitava. Comisión de Reclamacións.

8.1. Contra a proposta da comisión as persoas admitidas no concurso poderán presentar reclamación ante o reitor da Universidade de Vigo, no prazo máximo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación no lugar de celebración da proba. Admitida a trámite a reclamación, suspenderase o nomeamento ata a súa resolución definitiva.

8.2. As reclamacións que se presenten anunciaranse no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral da Universidade de Vigo, publicación que servirá de notificación para todos os efectos. As persoas interesadas disporán dun prazo de 10 días naturais para formularen alegacións sobre o contido da reclamación.

8.3. As reclamacións serán valoradas pola Comisión de Reclamacións da Universidade de Vigo, que examinará o expediente relativo ao concurso, valorará os aspectos puramente procedementais e verificará o efectivo respecto por parte da Comisión de Selección da igualdade de condicións dos candidatos e candidatas e dos principios de mérito e de capacidade deles no procedemento do concurso de acceso. Resolverá no prazo máximo de tres meses, ratificando ou non a proposta reclamada. Neste último caso, retrotraerase o expediente ata o momento en que se produciu o vicio, debendo a Comisión de Selección formular nova proposta, despois do cal o reitor ditará a resolución de acordo coa proposta da Comisión de Reclamacións.

8.4. As resolucións do reitor a que se refire o número anterior deste artigo esgotan a vía administrativa e serán impugnables directamente ante a xurisdición contencioso-administrativa, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Novena. Devolución de documentación presentada polos/polas aspirantes.

A documentación presentada no concurso deberá ser retirada no Servizo de Persoal Docente e Investigador, logo de petición, pola persoa interesada dentro do prazo de tres meses contados desde a finalización do procedemento ou, se for o caso, desde que a resolución impugnada adquira firmeza. A documentación que non fose retirada no dito prazo será destruída.

Décima. Protección de datos.

De conformidade co disposto na Lei orgánica 15/1999, de proteción de datos de carácter persoal (BOE n.º 298, do 14 de decembro), os datos facilitados por quen sexa aspirante pasarán a formar parte do ficheiro de persoal, cuxa finalidade é a xestión do persoal da Universidade de Vigo, xestión da docencia e investigación, xestión da participación do persoal nos servizos e actos administrativos, así como a xestión da participación dos candidatos e candidatas nos procesos de selección. Os datos contidos neste arquivo poderán ser tratados con fins históricos, estatísticos ou científicos.

Décimo primeira. Norma final.

11.1. O tempo transcorrido entre a publicación desta convocatoria e a resolución do concurso non poderá exceder de catro meses. Para estes efectos o mes de agosto considerarase inhábil.

11.2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da devandita publicación, de acordo co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 14 de febreiro de 2012.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO I
Relación de prazas convocadas

1

Código:

CD1201-C03-060-CD-01

N.º de prazas:

1

Categoría:

Profesor/a contratado/a doutor/a

Área de coñecemento:

A-060 Bioquímica e Bioloxía Molecular

Departamento:

C03 Bioquímica, Xenética e Inmunoloxía

Actividade docente e investigadora:

Bioquímica

Centro de traballo:

310 Facultade de Ciencias do Mar-Vigo

2

Código:

CD1201-H05-465-CD-01

N.º de prazas:

1

Categoría:

Profesor/a contratado/a doutor/a

Área de coñecemento:

A-465 Historia da Arte

Departamento:

H05 Historia, Arte e Xeografía

Actividade docente e investigadora:

Arte e modernidade

Centro de traballo:

201 Facultade de Belas Artes-Pontevedra

3

Código:

CD1201-T04-555-CD-01

N.º de prazas:

1

Categoría:

Profesor/a contratado/a doutor/a

Área de coñecemento:

A-555 Enxeñaría Química

Departamento:

T04 Enxeñaría Química

Actividade docente e investigadora:

Enxeñería química

Centro de traballo:

312 Escola de Enxeñaría Industrial-Vigo

4

Código:

CD1201-T08-385-CD-01

N.º de prazas:

1

Categoría:

Profesor/a contratado/a doutor/a

Área de coñecemento:

A-385 Física Aplicada

Departamento:

T08 Física Aplicada

Actividade docente e investigadora:

Física I, Física II, Tecnoloxías láser

Centro de traballo:

101 Facultade de Ciencias-Ourense

5

Código:

CD1201-T14-800-CD-01

N.º de prazas:

1

Categoría:

Profesor/a contratado/a doutor/a

Área de coñecemento:

A-800 Teoría do Sinal e Comunicacións

Departamento:

T14 Teoría do Sinal e Comunicacións

Actividade docente e investigadora:

Campos e ondas

Centro de traballo:

305 Escola de Enxeñaría de Telecomunicación-Vigo

ANEXO III
Comisións de selección

Praza CD1201-C03-060-CD-01

(1)

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

Juan Ignacio Ramos Martínez

Catedrático/a de universidade

Santiago de Compostela

Secretaría

Fuencisla San Juan Serrano

Profesor/a titular de universidade

Vigo

Vogalía primeira

Alejandro de Carlos Villamarín

Profesor/a titular de universidade

Vigo

Vogalía segunda

Emilio Gil Martín

Profesor/a titular de universidade

Vigo

Vogalía terceira

Leopoldo Óscar García Martín

Profesor/a titular de universidade

Santiago de Compostela

Comisión suplente

Presidencia

Francisco Javier Rodríguez Berrocal

Catedrático/a de universidade

Vigo

Secretaría

Elisa Longo González

Profesor/a titular de universidade

Vigo

Vogalía primeira

María Paz García Martínez

Profesor/a titular de universidade

Santiago de Compostela

Vogalía segunda

Diana Valverde Pérez

Profesor/a titular de universidade

Vigo

Vogalía terceira

Marcelina Abad Caeiro

Profesor/a titular de universidade

Santiago de Compostela

Praza CD1201-H05-465-CD-01

(2)

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

María Victoria Carballo-Calero Ramos

Catedrático/a de universidade

Vigo

Secretaría

María Yolanda Barriocanal López

Profesor/a titular de universidade

Vigo

Vogalía primeira

Antonio Bandera Vera

Profesor/a titular de universidade

Vigo

Vogalía segunda

Marina Núñez Jiménez

Profesor/a titular de universidade

Vigo

Vogalía terceira

José Manuel López Vázquez

Profesor/a titular de universidade

Santiago de Compostela

Comisión suplente

Presidencia

María del Mar Lozano Bartolozzi

Catedrático/a de universidade

Extremadura

Secretaría

Xosé Antón Castro Fernández

Profesor/a titular de universidade

Vigo

Vogalía primeira

Anna María Guasch

Catedrático/a de universidade

Barcelona

Vogalía segunda

Andrés Rosende Valdés

Catedrático/a de universidade

Santiago de Compostela

Vogalía terceira

José Manuel García Iglesias

Catedrático/a de universidade

Santiago de Compostela

Praza CD1201-T04-555-CD-01

(3)

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

Juan Carlos Parajó Liñares

Catedrático/a de universidade

Vigo

Secretaría

Herminia Domínguez González

Catedrático/a de universidade

Vigo

Vogalía primeira

Valentín Santos Reyes

Profesor/a titular de universidade

Vigo

Vogalía segunda

José Luis Alonso González

Profesor/a titular de universidade

Vigo

Vogalía terceira

José Manuel Cruz Freire

Profesor/a contratado/a doutor/a

Vigo

Comisión suplente

Presidencia

María del Carmen Veiga Barbazán

Catedrático/a de universidade

Santiago de Compostela

Secretaría

Estrella Álvarez da Costa

Catedrático/a de universidade

Vigo

Vogalía primeira

María José Núñez García

Catedrático/a de universidade

Santiago de Compostela

Vogalía segunda

Gil Garrote Velasco

Profesor/a titular de universidade

Vigo

Vogalía terceira

Ana Belén Moldes Menduiña

Profesor/a contratado/a doutor/a

Vigo

Praza CD1201-T08-385-CD-01

(4)

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

José Luis Fernández Fernández

Catedrático/a de universidade

Vigo

Secretaría

Juan María Pou Saracho

Catedrático/a de universidade

Vigo

Vogalía primeira

María José Gálvez Ruiz

Catedrático/a de universidade

Granada

Vogalía segunda

Pío Manuel González Fernández

Catedrático/a de universidade

Vigo

Vogalía terceira

Stefano Chiussi

Profesor/a titular de universidade

Vigo

Comisión suplente

Presidencia

María del Pilar Villares Durán

Catedrático/a de universidade

Cádiz

Secretaría

Rosa María Benito Zafrilla

Catedrático/a de universidade

Politécnica de Madrid

Vogalía primeira

Fernando Lusquiños Rodríguez

Profesor/a titular de universidade

Vigo

Vogalía segunda

Julia Serra Rodríguez

Profesor/a titular de universidade

Vigo

Vogalía terceira

José Carlos López Vázquez

Profesor/a titular de universidade

Vigo

Praza CD1201-T14-800-CD-01

(5)

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

Fernando Obelleiro Basteiro

Catedrático/a de universidade

Vigo

Secretaría

Francisco Javier Fraile Peláez

Catedrático/a de universidade

Vigo

Vogalía primeira

Alberto Marcos Arias Acuña

Profesor/a titular de universidade

Vigo

Vogalía segunda

María Vera Isasa

Profesor/a titular de universidade

Vigo

Vogalía terceira

Yolanda Campos Roca

Profesor/a titular de universidade

Extremadura

Comisión suplente

Presidencia

Antonio García Pino

Catedrático/a de universidade

Vigo

Secretaría

Mónica Fernández Barciela

Profesor/a titular de universidade

Vigo

Vogalía primeira

Nuria González Prelcic

Profesor/a titular de universidade

Vigo

Vogalía segunda

José Manuel Taboada Varela

Profesor/a titular de universidade

Extremadura

Vogalía terceira

José Luis Rodríguez Rodríguez

Profesor/a titular de universidade

Vigo

ANEXO IV
Currículum vitae

– Datos persoais:

Apelidos e nome.

NIF.

Data, localidade e provincia de nacemento.

Enderezo, localidade e provincia de residencia.

Teléfono e enderezo electrónico.

Categoría actual como docente, centro, departamento e área de docencia actual.

– Datos académicos:

1. Títulos académicos: clase, organismo e centro expedidor, data, cualificación se a houber.

2. Postos docentes desempeñados: categoría, organismo ou centro, réxime de dedicación, data de nomeamento ou contrato, data de cesamento.

3. Actividade docente desempeñada.

4. Actividade investigadora desempeñada.

5. Publicacións de libros e monografías: autoría/s ou coautoría/s, título, editor, editorial, data (se estiver pendente de publicación, xustifíquese a aceptación polo consello editorial).

6. Traballos científicos publicados en revistas españolas ou estranxeiras: autoría/s ou coautoría/s, título, revista, volume, páxina, data (se estiver pendente de publicación, xustifíquese a aceptación polo consello editorial).

7. Outras publicacións.

8. Outros traballos de investigación.

9. Proxectos de investigación subvencionados.

10. Comunicacións e relatorios presentados a congresos: título, organizador, carácter nacional ou internacional, lugar, data.

11. Patentes.

12. Cursos e seminarios impartidos: centro, organismo, materia, actividade desenvovida, data.

13. Cursos e seminarios recibidos: centro, organismo, materia, data.

14. Bolsas, axudas e premios recibidos (posteriores á licenciatura).

15. Actividade en empresas e profesión libre.

16. Outros méritos docentes ou de investigación.

17. Outros méritos.

18. Cargos de xestión desempeñados: cargo, centro, período.

19. Dilixencia de referendo do currículum vitae.

missing image file