Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6866

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2012 pola que se convoca concurso público de acceso a prazas de corpos docentes universitarios (DF1201).

De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), en diante LOU, e no Real decreto 1313/2007, do 5 de outubro, polo que se regula o réxime dos concursos de acceso a corpos docentes universitarios (en diante RDCA), e en virtude do establecido nos Estatutos da Universidade de Vigo, aprobados polo decreto 7/2010, do 14 de xaneiro (DOG do 2 de febreiro), da Xunta de Galicia,

Esta Reitoría, no uso das competencias recoñecidas pola LOU, resolveu convocar concurso para a/as praza/s que figura/n no anexo I desta resolución, con suxeición ás seguintes

Bases da convocatoria

Primeira. Normas xerais.

Este concurso rexerase pola LOU, o RDCA, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante Lei 30/1992), os Estatutos da Universidade de Vigo, pola normativa reguladora dos concursos de acceso aos corpos docentes universitarios aprobada polo Consello de Goberno o 8 de outubro de 2008 e, no non previsto, pola lexislación xeral da función pública do Estado.

Segunda. Requisitos das persoas candidatas.

2.1. Para poderen ser admitidas á realización destas probas selectivas as persoas, que sexan aspirantes deberán reunir os requisitos exixidos nesta base na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes e mantelos ata a toma de posesión:

a) Ter nacionalidade española ou ser nacional dun estado membro da Unión Europea ou nacional daqueles estados aos cales, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores e traballadoras nos termos establecidos na Lei 7/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril).

Tamén poderán participar o cónxuxe, descendentes e descendentes do cónxuxe, das persoas con nacionalidade española e de quen sexa nacional doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas. Este último beneficio será igualmente de aplicación a familiares de nacionais doutros estados cando así se prevexa nos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España.

Igualmente, poderán participar persoas con nacionalidade estranxeira non comunitaria, cando se cumpran os requisitos establecidos no artigo 4 do RDCA.

b) Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non ter superado os setenta.

c) Estar en posesión da titulación de doutor ou doutora. No caso de títulos obtidos no estranxeiro, deberá achegarse credencial que acredite a súa homologación ou o seu recoñecemento para o exercicio como docente de universidade.

d) Dispor da acreditación para o corpo docente universitario de que se trate e cumprir os requisitos establecidos no artigo 4 do RDCA.

e) Ter aboado as taxas por dereitos de exame dentro do prazo de presentación de solicitudes.

f) Non ter sido separado do servizo, mediante expediente disciplinario, de ningunha administración pública, nin atoparse en inhabilitación para o exercicio das funcións públicas. Quen sexa aspirante de nacionalidade distinta á española deberá acreditar non estar baixo sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso a función pública.

g) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións correspondentes á praza.

2.2. De conformidade co artigo 9.4 do RDCA e co artigo 65.2 da LOU non poderá participar neste concurso quen ocupe unha praza de corpos docentes universitarios nesta ou noutra universidade, obtida mediante concurso de acceso, salvo que se teña producido o desempeño efectivo dela durante ao menos dous anos.

Terceira. Solicitudes.

3.1. As solicitudes para participar no concurso axustaranse ao modelo que figura como anexo II desta convocatoria e dirixiranse ao reitor da Universidade de Vigo no prazo de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ao de publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Se o último día do prazo coincide con sábado ou día inhábil na universidade, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte segundo o artigo 48 da Lei 30/1992.

3.2. As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral (Reitoría, Campus universitario, 36310 Vigo) ou nos rexistros auxiliares da Universidade de Vigo (Campus de Pontevedra, Campus de Ourense e rúa de Torrecedeira, 86, Vigo) ou de acordo coas restantes formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992. As solicitudes no estranxeiro poderán cursarse a través das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.

Os dereitos de exame serán de 40,74 euros e ingresaranse na conta corrente n.º 2080 0501 12 3110000112, Nova Galicia Banco, O.P. Vigo (Universidade de Vigo, taxas). O pagamento realizarase directamente nas oficinas da citada entidade, utilizando exclusivamente o impreso de solicitude (anexo II) ou mediante transferencia bancaria en que deberá constar obrigatoriamente o nome e apelidos da persoa interesada, referencia, corpo e área da praza a que concursa. En ningún caso a mera presentación da solicitude e o pagamento na entidade bancaria suporá a substitución do trámite de presentación en tempo e forma da solicitude ante o órgano expresado na base 3.1.

Segundo o disposto no artigo 23 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións da Comunidade Autónoma de Galicia, estarán exentas do pagamento as persoas con discapacidade igual ou superior ao 33% e os membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial. Aplicarase unha bonificación do 50% na taxa de inscrición aos membros de familias numerosas de categoría xeral. Nos tres supostos será necesario que coa solicitude se presenten as respectivas certificacións que o acrediten.

Así mesmo, terán unha bonificación do 50% da taxa as persoas que figurasen como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data de publicación desta convocatoria e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego, aspectos que deberán ser certificados pola oficina dos servizos públicos de emprego.

Os dereitos de exame serán reintegrados de oficio ás persoas que sexan aspirantes cando as probas non se realicen, sempre que cubrisen os datos bancarios necesarios para facer a devolución.

3.3. Coa instancia achegarase necesariamente os seguintes documentos, sendo causa de exclusión a falta dalgún deles:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade. Quen sexa aspirante, non posúa a nacionalidade española e teña dereito a participar deberá presentar fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade e, de ser o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo de quen sexa nacional doutro Estado con que teña o dito vínculo. Así mesmo, deberán presentar declaración xurada ou promesa de non estaren separados de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, do feito de que vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.

b) Fotocopia compulsada do título de doutor ou doutora. Cando corresponda, deberá acompañarse da credencial de homologación ou recoñecemento profesional.

c) Fotocopia compulsada dos documentos que acrediten o cumprimento dos requisitos que se sinalan na letra d da base 2.1.

d) No caso de aspirantes que ocupen unha praza de corpos docentes universitarios (funcionarios), certificación orixinal (folla de servizos) da universidade ou organismo de que dependa, que acredite o seu desempeño. O Servizo de Persoal Docente e Investigador emitirá de oficio a folla de servizos dos aspirantes que pertenzan a esta universidade.

e) Xustificante de ter aboado os dereitos de exame.

3.4. Os erros de feito que se puideren advertir poderán emendarse en calquera momento, de oficio ou por petición da persoa interesada. Quen sexa aspirante queda vinculado aos datos que fixese constar nas súas solicitudes e pode unicamente demandar a súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido na base 3.1 para a presentación de solicitudes. Transcorrido este prazo, non se admitirá ningunha petición desta natureza, excepto causa excepcional sobrevida, xustificada e discrecionalmente apreciada pola universidade.

Cuarta. Admisión de aspirantes.

4.1. No prazo máximo de 15 días hábiles contados desde o final do prazo de presentación de solicitudes, o reitor da Universidade de Vigo ditará unha resolución aprobando a relación provisoria de persoas admitidas e excluídas, con indicación das causas de exclusión, que será publicada no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral da Universidade de Vigo, que servirá de notificación para todos os efectos, e a título divulgativo nos taboleiros de anuncios dos rexistros auxiliares e no enderezo de internet:

http://persoal.uvigo.es/persoal_gl/PDI/emprego/, ligazón «convocatorias concursos de acceso».

4.2. Contra a dita resolución as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante o reitor, no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da súa publicación. Resoltas as reclamacións, publicarase nos mesmos lugares a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas.

Quinta. Comisións de acceso.

5.1. As comisións de acceso deberán procurar unha composición equilibrada entre mulleres e homes, salvo cando non sexa posible por razóns fundadas e obxectivas debidamente motivadas. De acordo co que establece o artigo 83 dos Estatutos da Universidade de Vigo, a composición das comisións é a que figura no anexo III desta convocatoria e terá a categoría primeira das recollidas no artigo 30 do Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo.

Salvo petición expresa da presidencia e debidamente autorizada, cada comisión terá a súa sede e actuará no centro en que teña a súa sede o departamento a que se adscriba cada unha das prazas convocadas.

5.2. O nomeamento como membro dunha comisión é irrenunciable, salvo cando concorra causa xustificada, debidamente alegada pola persoa interesada e así apreciada por esta reitoría. Os membros da comisión deberán absterse de actuar e poderán ser recusados nos casos e polos motivos previstos no artigo 28 da Lei 30/1992. Resolta a renuncia, a abstención ou a recusación, as persoas afectadas serán substituídas polos respectivos suplentes e, na súa falta, por orde correlativa e, en último caso, resolverá o reitor.

5.3. As comisións deberán constituírse no prazo dun mes desde a publicación da relación definitiva de persoas admitidas e excluídas. Transcorrido o prazo sen que se constituíse a comisión correspondente, o reitor procederá á substitución da persoa que exerza a presidencia titular.

5.4. A constitución de cada comisión exixirá a asistencia de cinco dos seus membros, titulares ou suplentes, se for o caso. A presidencia, unha vez realizadas as consultas pertinentes cos restantes membros, convocará a quen sexa membro titular e, de ser o caso, suplente, cunha anticipación mínima de dez días hábiles, fixando lugar, data e hora para proceder ao acto de constitución da comisión. Os membros titulares serán substituídos polos seus respectivos suplentes, en primeiro lugar, ou por orde correlativa.

No acto de constitución a comisión establecerá os criterios de valoración do concurso adecuados ao perfil da praza e faraos públicos antes do acto de presentación dos candidatos e candidatas.

5.5. Unha vez constituída a comisión, en caso de ausencia da persoa que exerza a presidencia, será substituída polo catedrático ou catedrática de universidade con maior antigüidade que teña recoñecidos, polo menos, dous tramos de investigación.

5.6. Para que a comisión poida actuar validamente requirirase a asistencia de, ao menos, tres dos seus membros entre os cales figurarán obrigatoriamente as persoas que ocupen a presidencia e a secretaría. Os membros da comisión que estiveren ausentes da proba cesarán en tal condición, sen prexuízo das responsabilidades en que puideren ter incorrido.

5.7. Á secretaría de cada comisión corresponderanlle as actuacións administrativas e a xestión económica propias da comisión, auxiliada polo persoal de administración e servizos do centro en que teña a súa sede.

5.8. Durante o desenvolvemento do concurso, a comisión resolverá as dúbidas que puideren xurdir na aplicación destas normas, así como o que proceda nos casos non previstos nelas. En todo momento a súa actuación se axustará ao disposto na Lei 30/1992.

Sexta. Acto de presentación e proba.

6.1. A presidencia da comisión convocará quen participe no concurso ao acto de presentación cunha anticipación mínima de dez días hábiles, indicando lugar e hora para realizar o acto de presentación.

6.2. No acto de presentación, que será público, quen sexa concursante entregará:

a) Currículum vitae por sextuplicado, que deberá axustarse ao modelo que se achega como anexo IV, no cal detallarán os seus méritos, historial académico docente e investigador.

b) O seu proxecto docente e investigador adecuado ao perfil do concurso, tamén por sextuplicado.

c) Un exemplar das publicacións e dos documentos acreditativos do consignado no currículum vitae, con independencia de que a comisión poida solicitar documentación complementaria acreditativa orixinal ou compulsada.

6.3. No acto de presentación determinarase, mediante sorteo, a orde de actuación das persoas candidatas, e a comisión fixará e publicará o lugar, a data e a hora de comezo da proba, a cal deberá iniciarse no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao acto de presentación. Este prazo poderá ser renunciable por escrito polas persoas concursantes. Igualmente, a comisión fixará o prazo durante o cal poderán examinar a documentación presentada as restantes persoas que concursen.

6.4. A comisión valorará exclusivamente os méritos que, sendo alegados no currículum vitae por quen sexa aspirante, estean debidamente xustificados e sempre referidos á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

6.5. Os concursos realizaranse en dependencias da Universidade de Vigo. Constarán dunha única proba, que será pública e que consistirá na exposición oral, durante un tempo mínimo de trinta minutos e máximo de dúas horas, dos méritos e historial académico docente e investigador, así como do proxecto docente e investigador presentado. A seguir, a comisión debaterá co candidato ou candidata durante un tempo máximo de dúas horas sobre os seus méritos, o seu proxecto docente e investigador e a adecuación destes ao perfil da praza obxecto de concurso.

6.6. Finalizada a proba, cada membro da comisión entregará á presidencia un informe razoado axustado aos criterios previamente fixados de cada unha das persoas que concursen, con expresión explícita de voto favorable ou desfavorable.

6.7. Para superar a proba é necesario obter, polo menos, tres votos favorables dos membros da comisión. De non acadar ningunha candidatura polo menos tres votos favorables, o proceso poderá concluír coa proposta de non provisión, que deberá ser suficientemente motivada.

6.8. A proposta de provisión de prazas realizarase conforme os votos favorables recibidos dos membros da comisión. En caso de empate recorrerase á votación, sen que sexa posible a abstención. De persistir o empate, dirimirá o voto da presidencia.

Sétima. Proposta, presentación de documentos e nomeamento.

7.1. A comisión proporá ao reitor, motivadamente e con carácter vinculante, unha relación de todas as persoas candidatas que superen a proba por orde de preferencia. A comisión poderá propor a non provisión da praza xustificando esta decisión. Esta proposta será publicada no centro onde se celebrou a proba e servirá de notificación ás persoas interesadas para todos os efectos.

7.2. No prazo dos tres días hábiles seguintes ao de finalización da súa actuación, a secretaría da comisión entregará na Secretaría Xeral da Universidade de Vigo a documentación completa relativa ás súas actuacións e un exemplar da documentación presentada por cada concursante.

7.3. As persoas propostas para a provisión das prazas deberán presentar no prazo dos vinte días naturais seguintes ao de publicación da proposta da comisión no lugar de celebración da proba, nos lugares e conforme o procedemento previsto na base 3.2, os seguintes documentos:

a) Declaración xurada ou promesa de non incorrer en incompatibilidade segundo o establecido na Lei 53/1984, do 26 de setembro (BOE do 4 de xaneiro de 1985).

b) Declaración xurada ou promesa de non estar en separación de servizo de ningunha administración pública en virtude de expediente disciplinario, ni atoparse en inhabilitación para o exercicio das funcións docentes e asistenciais.

Quen concurse e non ostente a nacionalidade española deberá acreditar non estar baixo sanción disciplinaria ou condena penal que impidan no seu Estado o acceso á función pública segundo o establecido na Lei 7/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril).

c) Certificado médico oficial de non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico que incapacite para o desempeño das funcións correspondentes a docente de universidade.

Quen teña a condición de funcionario de carreira estará exento de xustificar e presentar os documentos das alíneas b) e c), debendo presentar certificado (folla de servizos) da universidade ou organismo de que dependan acreditativo da súa condición e de cantas circunstancias consten na súa folla de servizos. De acordo coa base 3.3.d), non será necesario este certificado cando fose presentado coa solicitude de participación.

7.4. O reitor da Universidade de Vigo efectuará o nomeamento como funcionario ou funcionaria docente de carreira das persoas propostas pola comisión nun número delas que non exceda o número de prazas convocadas no concurso, unha vez que teñan acreditado no prazo a documentación requirida. De non facelo, o reitor procederá ao nomeamento da seguinte persoa na orde proposta.

7.5. O nomeamento especificará a denominación da praza, corpo e área de coñecemento. Comunicarase ao correspondente rexistro para efectos de outorgamento do número de rexistro de persoal e inscrición nos corpos respectivos, remitirase para a súa publicación ao Boletín Oficial del Estado e ao Diario Oficial de Galicia e comunicarase á Secretaría Xeral do Consello de Coordinación Universitaria.

7.6. No prazo máximo de vinte días hábiles, contados desde o seguinte ao de publicación do nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a persoa proposta deberá tomar posesión do seu destino, momento en que adquirirá a condición de funcionario ou funcionaria de carreira do corpo de que se trate.

7.7. As referencias a necesidades e obrigacións docentes e ao centro de adscrición que poida conter a convocatoria non suporán dereito de vinculación exclusiva a tal actividade docente e destino para quen teña adxudicada a praza.

Oitava. Comisión de reclamacións.

8.1. Contra a proposta da comisión de selección, as persoas admitidas no concurso poderán presentar reclamación ante o reitor da Universidade de Vigo, no prazo máximo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da súa publicación no lugar de celebración da proba. Admitida a trámite a reclamación, suspenderase o nomeamento ata a súa resolución definitiva.

8.2. As reclamacións que se presenten anunciaranse no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral da Universidade de Vigo, publicación que servirá de notificación para todos os efectos. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días naturais para formularen alegacións sobre o contido da reclamación.

8.3. As reclamacións serán valoradas pola comisión de reclamacións da Universidade de Vigo, que examinará o expediente relativo ao concurso, valorará os aspectos puramente procedementais e verificará o efectivo respecto, por parte da comisión de selección, da igualdade de condicións dos candidatos e candidatas e dos principios de mérito e de capacidade deles no procedemento do concurso de acceso. Resolverá no prazo máximo de tres meses, ratificando ou non a proposta reclamada. Neste último caso, retrotraerase o expediente ata o momento en que se produciu o vicio, debendo a comisión de selección formular nova proposta, despois do cal o reitor ditará a resolución de acordo coa proposta da comisión de reclamacións.

8.4. As resolucións do reitor a que se refire o número anterior deste artigo esgotan a vía administrativa e serán impugnables directamente ante a xurisdición contencioso-administrativa, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Novena. Devolución da documentación presentada polos/polas aspirantes.

A documentación presentada no concurso deberá ser retirada da Secretaría Xeral, logo de petición pola persoa interesada, dentro do prazo de tres meses contados desde a finalización do procedemento ou, se for o caso, desde que a resolución impugnada adquira firmeza. A documentación que non fose retirada no dito prazo será destruída.

Décima. Protección de datos.

De conformidade co disposto na Lei orgánica 15/1999, de proteción de datos de carácter persoal (BOE núm. 298, do 14 de decembro), os datos facilitados por quen sexa aspirante pasarán a formar parte do ficheiro de persoal, cuxa finalidade é a xestión do persoal da Universidade de Vigo, xestión da docencia e investigación, xestión da participación do persoal nos servizos e actos administrativos, así como a xestión da participación dos candidatos e candidatas nos procesos de selección. Os datos contidos neste arquivo poderán ser tratados con fins históricos, estatísticos ou científicos.

Décimo primeira. Norma final.

11.1. O tempo transcorrido entre a publicación da convocatoria e a resolución do concurso non poderá exceder catro meses. Para estes efectos o mes de agosto considérase inhábil.

11.2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da devandita publicación, de acordo co disposto na Lei 30/1992.

Vigo, 14 de febreiro de 2012.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO I
Datos das prazas

1

Código

DF1201-C01-630-CU-01

N.º de prazas

1

Corpo

Catedrático/a de universidade

Área de coñecemento

A-630 Microbioloxía

Departamento

C01 Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde

Actividade docente e investigadora

Microbioloxía Industrial, Biotecnoloxía Alimentaria

Centro de traballo

302 Facultade de Bioloxía - Vigo

2

Código

DF1201-C02-240-TU-01

N.º de prazas

1

Corpo

Titular de universidade

Área de coñecemento

A-240 Edafoloxía e Química Agrícola

Departamento

C02 Bioloxía Vexetal e Ciencias do Solo

Actividade docente e investigadora

Edafoloxía, Contaminación de Solos

Centro de traballo

302 Facultade de Bioloxía - Vigo

3

Código

DF1201-C03-420-TU-01

N.º de prazas

1

Corpo

Titular de universidade

Área de coñecemento

A-420 Xenética

Departamento

C03 Bioquímica, Xenética e Inmunoloxía

Actividade docente e investigadora

Xenética

Centro de traballo

302 Facultade de Bioloxía - Vigo

4

Código

DF1201-C04-220-CU-01

N.º de prazas

1

Corpo

Catedrático/a de universidade

Área de coñecemento

A-220 Ecoloxía

Departamento

C04 Ecoloxía e Bioloxía Animal

Actividade docente e investigadora

Ecosistemas Acuáticos, Aproximación Teórico-Práctica á Ecoloxía Funcional de Sistemas Fluviais

Centro de traballo

310 Facultade de Ciencias do Mar - Vigo

5

Código

DF1201-C04-819-TU-01

N.º de prazas

1

Corpo

Titular de universidade

Área de coñecemento

A-819 Zooloxía

Departamento

C04 Ecoloxía e Bioloxía Animal

Actividade docente e investigadora

Zooloxía I: Invertebrados non Artrópodos

Centro de traballo

101 Facultade de Ciencias - Ourense

6

Código

DF1201-C09-760-CU-01

N.º de prazas

1

Corpo

Catedrático/a de universidade

Área de coñecemento

A-760 Química Inorgánica

Departamento

C09 Química Inorgánica

Actividade docente e investigadora

Química Inorgánica

Centro de traballo

311 Facultade de Química - Vigo

7

Código

DF1201-C12-765-CU-01

N.º de prazas

1

Corpo

Catedrático/a de universidade

Área de coñecemento

A-765 Química Orgánica

Departamento

C12 Química Orgánica

Actividade docente e investigadora

Materias da área

Centro de traballo

311 Facultade de Química - Vigo

8

Código

DF1201-C12-765-TU-01

N.º de prazas

1

Corpo

Titular de universidade

Área de coñecemento

A-765 Química Orgánica

Departamento

C12 Química Orgánica

Actividade docente e investigadora

Materias da área

Centro de traballo

311 Facultade de Química - Vigo

9

Código

DF1201-T04-555-CU-01

N.º de prazas

1

Corpo

Catedrático/a de universidade

Área de coñecemento

A-555 Enxeñaría Química

Departamento

T04 Enxeñaría Química

Actividade docente e investigadora

Materias da área

Centro de traballo

312 Escola de Enxeñaría Industrial - Vigo

10

Código

DF1201-T04-555-TU-01

N.º de prazas

1

Corpo

Titular de universidade

Área de coñecemento

A-555 Enxeñaría Química

Departamento

T04 Enxeñaría Química

Actividade docente e investigadora

Fundamentos Químicos da Enxeñería

Centro de traballo

312 Escola de Enxeñaría Industrial - Vigo

11

Código

DF1201-T04-555-TU-02

N.º de prazas

1

Corpo

Titular de universidade

Área de coñecemento

A-555 Enxeñaría Química

Departamento

T04 Enxeñaría Química

Actividade docente e investigadora

Materias da área

Centro de traballo

312 Escola de Enxeñaría Industrial - Vigo

12

Código

DF1201-T14-800-CU-01

N.º de prazas

1

Corpo

Catedrático/a de universidade

Área de coñecemento

A-800 Teoría do Sinal e Comunicacións

Departamento

T14 Teoría do Sinal e Comunicacións

Actividade docente e investigadora

Teledetección

Centro de traballo

305 Escola de Enxeñaría de Telecomunicación - Vigo

13

Código

DF1201-T14-800-CU-02

N.º de prazas

1

Corpo

Catedrático/a de universidade

Área de coñecemento

A-800 Teoría do Sinal e Comunicacións

Departamento

T14 Teoría do Sinal e Comunicacións

Actividade docente e investigadora

Transmisión Electromagnética, Antenas

Centro de traballo

305 Escola de Enxeñaría de Telecomunicación - Vigo

14

Código

DF1201-T14-800-TU-01

N.º de prazas

1

Corpo

Titular de universidade

Área de coñecemento

A-800 Teoría do Sinal e Comunicacións

Departamento

T14 Teoría do Sinal e Comunicacións

Actividade docente e investigadora

Visión Artificial, Teledetección

Centro de traballo

305 Escola de Enxeñaría de Telecomunicación - Vigo

15

Código

DF1201-T14-800-TU-02

N.º de prazas

1

Corpo

Titular de universidade

Área de coñecemento

A-800 Teoría do Sinal e Comunicacións

Departamento

T14 Teoría do Sinal e Comunicacións

Actividade docente e investigadora

Campos e Ondas

Centro de traballo

305 Escola de Enxeñaría de Telecomunicación - Vigo

16

Código

DF1201-X06-225-CU-01-02

N.º de prazas

2

Corpo

Catedrático/a de universidade

Área de coñecemento

A-225 Economía Aplicada

Departamento

X06 Economía Aplicada

Actividade docente e investigadora

Economía Aplicada

Centro de traballo

303 Fac. CC. Económicas e Empresariais - Vigo

17

Código

DF1201-X06-225-CU-03

N.º de prazas

1

Corpo

Catedrático/a de universidade

Área de coñecemento

A-225 Economía Aplicada

Departamento

X06 Economía Aplicada

Actividade docente e investigadora

Economía Aplicada

Centro de traballo

303 Fac. CC. Económicas e Empresariais - Vigo

18

Código

DF1201-X06-225-TU-01

N.º de prazas

1

Corpo

Titular de universidade

Área de coñecemento

A-225 Economía Aplicada

Departamento

X06 Economía Aplicada

Actividade docente e investigadora

Economía Aplicada

Centro de traballo

104 Fac. CC. Empresariais e Turismo - Ourense

ANEXO III
Comisións de acceso

Praza DF1201-C01-630-CU-01

(1)

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

Tomás González Villa

Catedrático/a de universidade

Santiago de Compostela

Secretaría

Encarnación Andaluz López

Catedrático/a de universidade

Extremadura

Vogalía primeira

Emilia Quesada Arroquia

Catedrático/a de universidade

Granada

Vogalía segunda

Ángel Domínguez Olabarri

Catedrático/a de universidade

Salamanca

Vogalía terceira

José Pedro García Martínez

Catedrático/a de universidade

Valencia

Comisión suplente

Presidencia

Concepción Herrero López

Catedrático/a de universidade

A Coruña

Secretaría

Luis Rodríguez Domínguez

Catedrático/a de universidade

La Laguna

Vogalía primeira

Germán Larriba Calle

Catedrático/a de universidade

Extremadura

Vogalía segunda

Miquel Viñas Ciordia

Catedrático/a de universidade

Barcelona

Vogalía terceira

M.ª Teresa Criado Álvarez

Catedrático/a de universidade

Santiago de Compostela

Praza DF1201-C02-240-TU-01

(2)

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

Felipe Macías Vázquez

Catedrático/a de universidade

Santiago de Compostela

Secretaría

María Luisa Andrade Couce

Titular de universidade

Vigo

Vogalía primeira

Juan Sánchez Díaz

Catedrático/a de universidade

Valencia

Vogalía segunda

Inés García Fernández

Titular de universidade

Almería

Vogalía terceira

Emilia Fernández Ondoño

Titular de universidade

Granada

Comisión suplente

Presidencia

Jaume Porta Casanellas

Catedrático/a de universidade

Lleida

Secretaría

Esther de Blas Varela

Titular de universidade

Vigo

Vogalía primeira

Manuel Arias Estévez

Titular de universidade

Vigo

Vogalía segunda

José Manuel Hernández Moreno

Catedrático/a de universidade

La Laguna

Vogalía terceira

Carmen Dolores Arbelo Rodríguez

Titular de universidade

La Laguna

Praza DF1201-C03-420-TU-01

(3)

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

Armando Caballero Rúa

Catedrático/a de universidade

Vigo

Secretaría

Emilio Rolán Álvarez

Catedrático/a de universidade

Vigo

Vogalía primeira

Carlos García Suárez

Titular de universidade

Santiago de Compostela

Vogalía segunda

Aurora García-Dorado García

Catedrático/a de universidade

Complutense de Madrid

Vogalía terceira

Humberto Quesada Rodríguez

Titular de universidade

Vigo

Comisión suplente

Presidencia

Paloma Morán Martínez

Catedrático/a de universidade

Vigo

Secretaría

Juan José Pasantes Ludeña

Titular de universidade

Vigo

Vogalía primeira

Marta Riutort León

Titular de universidade

Barcelona

Vogalía segunda

Pablo Presa Martínez

Titular de universidade

Vigo

Vogalía terceira

María del Carmen López Fernández

Titular de universidade

Autónoma de Madrid

Praza DF1201-C04-220-CU-01

(4)

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

Cástor Guisande González

Catedrático/a de universidade

Vigo

Secretaría

Carlos Granado Lorencio

Catedrático/a de universidade

Sevilla

Vogalía primeira

Ignacio Hernández Carrero

Catedrático/a de universidade

Cádiz

Vogalía segunda

Julia Toja Santillana

Catedrático/a de universidade

Sevilla

Vogalía terceira

Rosario Vidal-Abarca Gutiérrez

Catedrático/a de universidade

Murcia

Comisión suplente

Presidencia

Jesús Pozo Martínez

Catedrático/a de universidade

País Vasco

Secretaría

María Jesús Iglesias Briones

Catedrático/a de universidade

Vigo

Vogalía primeira

María Pilar Rodríguez Rodríguez

Catedrático/a de universidade

País Vasco

Vogalía segunda

Ramón Moreno Amich

Catedrático/a de universidade

Gerona

Vogalía terceira

Rafael Morales Baquero

Catedrático/a de universidade

Granada

Praza DF1201-C04-819-TU-01

(5)

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

Jorge Domínguez Martín

Catedrático/a de universidade

Vigo

Secretaría

Juan Carlos Sánchez Hernández

Titular de universidade

Castilla-La Mancha

Vogalía primeira

Antonio Palanca Soler

Titular de universidade

Vigo

Vogalía segunda

Fuencisla Mariño Callejo

Titular de universidade

Vigo

Vogalía terceira

Josefina Garrido González

Titular de universidade

Vigo

Comisión suplente

Presidencia

Darío Díaz Cosín

Catedrático/a de universidade

Complutense de Madrid

Secretaría

Dolores Trigo Aza

Titular de universidade

Complutense de Madrid

Vogalía primeira

Carmen Zamora Muñoz

Titular de universidade

Granada

Vogalía segunda

Jesús Souza Troncoso

Catedrático/a de universidade

Vigo

Vogalía terceira

María Elsa Vázquez Otero

Catedrático/a de universidade

Vigo

Praza DF1201-C09-760-CU-01

(6)

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

Alfonso Castiñeiras Campos

Catedrático/a de universidade

Santiago de Compostela

Secretaría

María Teresa Pereira Lorenzo

Catedrático/a de universidade

Santiago de Compostela

Vogalía primeira

Luis Lezama Diago

Catedrático/a de universidade

País Vasco

Vogalía segunda

Josefa María González Pérez

Catedrático/a de universidade

Granada

Vogalía terceira

Carmen Navarro Ranninger

Catedrático/a de universidade

Autónoma de Madrid

Comisión suplente

Presidencia

José Sergio Casas Fernández

Catedrático/a de universidade

Santiago de Compostela

Secretaría

María Antonia Señarís Rodríguez

Catedrático/a de universidade

A Coruña

Vogalía primeira

Lucía Soto Tuero

Catedrático/a de universidade

Valencia

Vogalía segunda

Juan Niclós Gutiérrez

Catedrático/a de universidade

Granada

Vogalía terceira

Emilio Morán Miguélez

Catedrático/a de universidade

Complutense de Madrid

Praza DF1201-C12-765-CU-01

(7)

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

Ángel Rodríguez de Lera

Catedrático/a de universidade

Vigo

Secretaría

María Rosana Álvarez Rodríguez

Catedrático/a de universidade

Vigo

Vogalía primeira

Ricardo Riguera Vega

Catedrático/a de universidade

Santiago de Compostela

Vogalía segunda

Celia Andrés Juan

Catedrático/a de universidade

Valladolid

Vogalía terceira

Ana María Grandas Sagarra

Catedrático/a de universidade

Barcelona

Comisión suplente

Presidencia

Francisco Javier Sardina López

Catedrático/a de universidade

Santiago de Compostela

Secretaría

María Carmen Villaverde Cameron-Walker

Catedrático/a de universidade

Santiago de Compostela

Vogalía primeira

Ramón José Estévez Cabanas

Catedrático/a de universidade

Santiago de Compostela

Vogalía segunda

Emilio Quiñoá Cabana

Catedrático/a de universidade

Santiago de Compostela

Vogalía terceira

Ana María Costero Nieto

Catedrático/a de universidade

Valencia

Praza DF1201-C12-765-TU-01

(8)

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

María Generosa de los Ángeles Gómez Pacios

Catedrático/a de universidade

Vigo

Secretaría

Gunther Hennrich

Titular de universidade

Autónoma de Madrid

Vogalía primeira

María Teresa Iglesias Randulfe

Titular de universidade

Vigo

Vogalía segunda

Antonio Ibáñez Paniello

Titular de universidade

Vigo

Vogalía terceira

Luis Muñoz López

Titular de universidade

Vigo

Comisión suplente

Presidencia

Lourdes Santana Penín

Catedrático/a de universidade

Santiago de Compostela

Secretaría

Eugenio Uriarte Villares

Catedrático/a de universidade

Santiago de Compostela

Vogalía primeira

Yagamare Fall Diop

Catedrático/a de universidade

Vigo

Vogalía segunda

María Carmen Terán Moldes

Titular de universidade

Vigo

Vogalía terceira

María Magdalena Cid Fernández

Titular de universidade

Vigo

Praza DF1201-T04-555-CU-01

(9)

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

Enrique Otero Huerta

Catedrático/a de universidade

Rey Juan Carlos

Secretaría

Pedro Merino Gómez

Catedrático/a de universidade

Vigo

Vogalía primeira

José Luis Guiñón Segura

Catedrático/a de universidade

Valencia

Vogalía segunda

Juan Emilio González González

Catedrático/a de universidade

Las Palmas

Vogalía terceira

María Ángeles Sanromán Braga

Catedrático/a de universidade

Vigo

Comisión suplente

Presidencia

Herminia Domínguez González

Catedrático/a de universidade

Vigo

Secretaría

Estrella Álvarez da Costa

Catedrático/a de universidade

Vigo

Vogalía primeira

Rafael Van Grieken Salvador

Catedrático/a de universidade

Rey Juan Carlos

Vogalía segunda

José García Antón

Catedrático/a de universidade

Valencia

Vogalía terceira

María Victoria Utrilla Esteban

Catedrático/a de universidade

Rey Juan Carlos

Praza DF1201-T04-555-TU-01

(10)

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

Xosé Ramón Nóvoa Rodríguez

Catedrático/a de universidade

Vigo

Secretaría

Herminia Domínguez González

Catedrático/a de universidade

Vigo

Vogalía primeira

José Manuel Canosa Saa

Titular de universidade

Vigo

Vogalía segunda

María Ángeles Sanromán Braga

Catedrático/a de universidade

Vigo

Vogalía terceira

Manuel Vázquez Vázquez

Titular de universidade

Santiago de Compostela

Comisión suplente

Presidencia

Estrella Álvarez da Costa

Catedrático/a de universidade

Vigo

Secretaría

José M. Domínguez González

Titular de universidade

Vigo

Vogalía primeira

Julia López Hernández

Catedrático/a de universidade

Santiago de Compostela

Vogalía segunda

Milagros Izquierdo Pazo

Titular de universidade

Vigo

Vogalía terceira

Perfecto Paseiro Losada

Catedrático/a de universidade

Santiago de Compostela

Praza DF1201-T04-555-TU-02

(11)

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

María Ángeles Sanromán Braga

Catedrático/a de universidade

Vigo

Secretaría

Ángel Manuel Sánchez Bermúdez

Titular de universidade

Vigo

Vogalía primeira

Manuel Francisco Macías García

Titular de universidade

Cádiz

Vogalía segunda

Antonio López Cabanes

Titular de universidade

Murcia

Vogalía terceira

Claudio Cameselle Fernández

Titular de universidade

Vigo

Comisión suplente

Presidencia

Xosé Ramón Nóvoa Rodríguez

Catedrático/a de universidade

Vigo

Secretaría

José Manuel Canosa Saa

Titular de universidade

Vigo

Vogalía primeira

María José Núñez García

Catedrático/a de universidade

Santiago de Compostela

Vogalía segunda

Milagros Izquierdo Pazo

Titular de universidade

Vigo

Vogalía terceira

María Asunción Longo Fernández

Titular de universidade

Vigo

Praza DF1201-T14-800-CU-01

(12)

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

Juan M. Zapata Ferrer

Catedrático/a de universidade

Politécnica de Madrid

Secretaría

Manuel García Sánchez

Catedrático/a de universidade

Vigo

Vogalía primeira

Fernando Pérez González

Catedrático/a de universidade

Vigo

Vogalía segunda

Rafael P. Torres Jiménez

Catedrático/a de universidade

Cantabria

Vogalía terceira

Carmen García Mateo

Catedrático/a de universidade

Vigo

Comisión suplente

Presidencia

Domingo Docampo Amoedo

Catedrático/a de universidade

Vigo

Secretaría

Ana Pérez Neira

Catedrático/a de universidade

Politécnica de Cataluña

Vogalía primeira

Ramón Carmelo Hermida Domínguez

Catedrático/a de universidade

Vigo

Vogalía segunda

Asunción Moreno Bilbao

Catedrático/a de universidade

Politécnica de Cataluña

Vogalía terceira

Almudena Suárez Rodríguez

Catedrático/a de universidade

Cantabria

Praza DF1201-T14-800-CU-02

(13)

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

Antonio García Pino

Catedrático/a de universidade

Vigo

Secretaría

Francisco Javier Fraile Peláez

Catedrático/a de universidade

Vigo

Vogalía primeira

Magdalena Salazar Palma

Catedrático/a de universidade

Carlos III de Madrid

Vogalía segunda

Fernando Obelleiro Basteiro

Catedrático/a de universidade

Vigo

Vogalía terceira

Pedro Chamorro Posada

Catedrático/a de universidade

Valladolid

Comisión suplente

Presidencia

Almudena Suárez Rodríguez

Catedrático/a de universidade

Cantabria

Secretaría

Carmen García Mateo

Catedrático/a de universidade

Vigo

Vogalía primeira

Beatriz Ortega Tamarit

Catedrático/a de universidade

Politécnica de Valencia

Vogalía segunda

Evaristo Abril Domingo

Catedrático/a de universidade

Valladolid

Vogalía terceira

José Capmany Francoy

Catedrático/a de universidade

Politécnica de Valencia

Praza DF1201-T14-800-TU-01

(14)

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

Carmen García Mateo

Catedrático/a de universidade

Vigo

Secretaría

José Luis Alba Castro

Titular de universidade

Vigo

Vogalía primeira

Manuel Ángel Sobreira Seoane

Titular de universidade

Vigo

Vogalía segunda

Nuria González Prelcic

Titular de universidade

Vigo

Vogalía terceira

Íñigo Cuíñas Gómez

Titular de universidade

Vigo

Comisión suplente

Presidencia

Fernando Pérez González

Catedrático/a de universidade

Vigo

Secretaría

María Vera Isasa

Titular de universidade

Vigo

Vogalía primeira

Fernando Isasi Vicente

Titular de universidade

Vigo

Vogalía segunda

Verónica Santalla del Río

Titular de universidade

Vigo

Vogalía terceira

Eduardo Rodríguez Banga

Titular de universidade

Vigo

Praza DF1201-T14-800-TU-02

(15)

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

Fernando Obelleiro Basteiro

Catedrático/a de universidade

Vigo

Secretaría

Francisco Javier Fraile Peláez

Catedrático/a de universidade

Vigo

Vogalía primeira

Alberto Marcos Arias Acuña

Titular de universidade

Vigo

Vogalía segunda

María Vera Isasa

Titular de universidade

Vigo

Vogalía terceira

Yolanda Campos Roca

Titular de universidade

Extremadura

Comisión suplente

Presidencia

Antonio García Pino

Catedrático/a de universidade

Vigo

Secretaría

Mónica Fernández Barciela

Titular de universidade

Vigo

Vogalía primeira

Beatriz Ortega Tamarit

Catedrático/a de universidade

Politécnica de Valencia

Vogalía segunda

José Manuel Taboada Varela

Titular de universidad

Extremadura

Vogalía terceira

José Luis Rodríguez Rodríguez

Titular de universidad

Vigo

Praza DF1201-X06-225-CU-01-02

(16)

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

Beatriz González López-Valcárcel

Catedrático/a de universidade

Las Palmas de Gran Canaria

Secretaría

Alberto Gago Rodríguez

Catedrático/a de universidade

Vigo

Vogalía primeira

Anna Matas Prat

Catedrático/a de universidade

Autónoma de Barcelona

Vogalía segunda

María Eva Ferreira García

Catedrático/a de universidade

País Vasco

Vogalía terceira

Andrés José Picazo Tadeo

Catedrático/a de universidade

Valencia

Comisión suplente

Presidencia

Lucía Navarro Gómez

Catedrático/a de universidade

Málaga

Secretaría

Francisco Xavier Labandeira Villot

Catedrático/a de universidade

Vigo

Vogalía primeira

Miguel Ángel López García

Catedrático/a de universidade

Autónoma de Barcelona

Vogalía segunda

Cecilio Ricardo Tamarit Escalona

Catedrático/a de universidade

Valencia

Vogalía terceira

Germá M. Bel Queralt

Catedrático/a de universidade

Barcelona

Praza DF1201-X06-225-CU-03

(17)

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

Beatriz González López-Valcárcel

Catedrático/a de universidade

Las Palmas de Gran Canaria

Secretaría

Alberto Gago Rodríguez

Catedrático/ad e Universidade

Vigo

Vogalía primeira

Luis Ayala Cañón

Catedrático/a de universidade

Rey Juan Carlos

Vogalía segunda

Núria Bosch Roca

Catedrático/a de universidade

Barcelona

Vogalía terceira

Rafael Muñoz de Bustillo Llorente

Catedrático/a de universidade

Salamanca

Comisión suplente

Presidencia

Eva Ferreira García

Catedrático/ad de Universidade

País Vasco

Secretaría

Francisco Xavier Labandeira Villot

Catedrático/a de universidade

Vigo

Vogalía primeira

José María Serrano Sanz

Catedrático/a de universidade

Zaragoza

Vogalía segunda

María Dolores Gadea Rivas

Catedrático/a de universidade

Zaragoza

Vogalía terceira

Miguel Ángel López García

Catedrático/a de universidade

Autónoma de Barcelona

Praza DF1201-X06-225-TU-01

(18)

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

Alberto Gago Rodríguez

Catedrático/a de universidade

Vigo

Secretaría

Coral del Río Otero

Titular de universidade

Vigo

Vogalía primeira

Julio López Laborda

Catedrático/a de universidade

Zaragoza

Vogalía segunda

Jorge Onrubia Fernández

Titular de universidade

Complutense de Madrid

Vogalía terceira

Pedro María Pascual Arzoz

Catedrático/a de universidade

Pública de Navarra

Comisión suplente

Presidencia

María Dolores Garza Gil

Catedrático/a de universidade

Vigo

Secretaría

María Xosé Vázquez Rodríguez

Titular de universidade

Vigo

Vogalía primeira

Elisabet Viladecans Marsal

Titular de universidade

Barcelona

Vogalía segunda

Francisco Javier Salinas Jiménez

Titular de universidade

Complutense de Madrid

Vogalía terceira

Laura de Pablos Escobar

Catedrático/a de universidade

Complutense de Madrid

ANEXO IV
Currículum vitae

– Datos persoais:

Apelidos e nome.

NIF.

Data, localidade e provincia de nacemento.

Enderezo, localidade e provincia de residencia.

Teléfono e enderezo electrónico.

Categoría actual como docente, centro, departamento e área de docencia actual.

Data de resolución da habilitación e BOE de publicación.

– Datos académicos:

  1. Títulos académicos: clase, organismo e centro expedidor, data, cualificación, se a houber.
  2. Postos docentes desempeñados: categoría, organismo ou centro, réxime de dedicación, data de nomeamento ou contrato, data de cesamento.
  3. Actividade docente desempeñada.
  4. Actividade investigadora desempeñada.
  5. Publicacións de libros e monografías: autoría ou coautoría/s, título, editor, editorial, data (de estar pendente de publicación, xustifíquese a aceptación polo consello editorial).
  6. Traballos científicos publicados en revistas españolas ou estranxeiras: autoría ou coautoría/s, título, revista, volume, páxina, data (de estar pendente de publicación, xustifíquese a aceptación polo consello editorial).
  7. Outras publicacións.
  8. Outros traballos de investigación.
  9. Proxectos de investigación subvencionados.
  10. Comunicacións e relatorios presentadas a congresos: título, organizador, carácter nacional ou internacional, lugar, data.
  11. Patentes.
  12. Cursos e seminarios impartidos: centro, organismo, materia, actividade desenvolvida, data.
  13. Cursos e seminarios recibidos: centro, organismo, materia, data.
  14. Bolsas, axudas e premios recibidos (posteriores á licenciatura).
  15. Actividade en empresas e profesión libre.
  16. Outros méritos docentes ou de investigación.
  17. Outros méritos.
  18. Cargos de xestión desempeñados: cargo, centro, período.
  19. Dilixencia de referendo do currículum vitae.
missing image file