Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6890

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU4543-2007, CAS 298-10-S).

No recurso de suplicación número 4543/07-S, casación 298/10, a que se refire o encabezamento, seguidos perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 858/2005 do Xulgado do Social número 4 da Coruña, promovidos por Cristina Crespo Castillo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, sobre incapacidade temporal, con data 13 de outubro de 2011 a Sala IV do Tribunal Supremo ditou a resolución, que na súa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«A Sala acorda: declarar a inadmisión do recurso de casación para a unificación de doutrina interposto pola letrada Cristina Crespo Castillo contra a sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 19 de novembro de 2010, no recurso de suplicación número 4543/07, interposto por Cristina Crespo Castillo, fronte á sentenza ditada polo Xulgado do Social número 4 da Coruña do 30 de marzo de 2007, no procedemento n.º 858/05 seguido por instancia de Cristina Crespo Castillo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e contra a empresa Óscar Faraldo Calvo, sobre incapacidade permanente total».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións nos estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Boletín Oficial da provincia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Óscar Faraldo Calvo, con último domicilio coñecido en Bar Express-Costa da Tapia 1, O Temple, 15679 Cambre (A Coruña), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto na Coruña o 6 de febreiro de 2012.

María Asunción Barrio Calle
Secretaria xudicial