Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6891

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 21/2010 IP).

Nas actuacións de recurso de suplicación número 21/2010 IP a que se refire o encabezamento, seguidas perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 980/2008 do Xulgado do Social número 1 da Coruña, promovidos por José Antonio Regueiro Vila contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a empresa Eduardo Torres Vázquez, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, sobre accidente de grao, o 19 de decembro de 2011 ditouse a resolución, que na súa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Decidimos.

Desestimar o recurso articulado por José Antonio Regueiro Vila contra a sentenza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, do 24.9.2009, en autos número 980/2008, sobre incapacidade permanente absoluta derivada de accidente de traballo, instados polo recorrente fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a Mutua Gallega e a empresa Eduardo Torres Vázquez, confirmamos a dita resolución.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito perante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no Banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala n.º 1552 0000 35 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolver os autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións nos estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para efectos da súa publicación no Boletín Oficial da provincia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Eduardo Torres Vázquez, con último domicilio coñecido en Joaquín Planells Riera 21, 3.º drta. A Coruña, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto na Coruña o 6 de febreiro de 2012.

Francisco Javier Gamero López-Peláez
Secretario xudicial