Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6893

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (70/2010).

Nas actuacións de recurso de suplicación número 70/2010 a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 96/2008 do Xulgado do Social número 3 da Coruña, promovidos por Germán Collazo Golán contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Ral Técnica para Laboratorio, S.A., e Mutua Fremap, sobre accidente de grao, con data do 14 de decembro de 2011 se ditou a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Resolvemos que, desestimando o recurso de suplicación interposto por Germán Collazo Golán contra a sentenza do 20 de novembro de 2009, ditada polo Xulgado do Social número 3 da Coruña, nos autos seguidos por instancia do recorrente contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Mutua Fremap e a empresa Ral Técnica para Laboratorios, S.A., sobre invalidez derivada de accidente de traballo, debemos confirmar e confirmamos na súa integridade a resolución contra a cal se recorreu.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que no sucesivo se lle efectuarán as notificacións nos estrados, agás que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Boletín Oficial da provincia, co fin de que sirva de notificación en forma a Ral Técnica para Laboratorio, S.A., con último domicilio coñecido na rúa Torreira, 51, Santiago de Compostela, expido e asino este edicto na Coruña o 6 de febreiro de 2012.

O/A secretario/a xudicial
Rubricado