Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6894

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5102/2009 JS).

Nas actuacións de recurso de suplicación número 5102/2009 JS a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 627/2009 do Xulgado do Social número 3 de Ourense, promovidos por Adonay Carballo Forero contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Aser Pazos de Transporte, S.L., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, sobre accidente de grao, con data do 20 de decembro de 2011 ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Resolvemos que desestimando o recurso de suplicación formulado pola representación procesual do demandante contra a sentenza do 8 de setembro de 2009, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Ourense nos autos 627/2009, seguidos sobre impugnación de alta médica por instancia do demandante contra o INSS, a TXSS, a Mutua Gallega e a empresa Aser Pazos de Transportes, S.L., debemos confirmar e confirmamos a sentenza de instancia.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social.Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala n.º 1552 0000 35 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano)».

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións nos estrados, agás que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma a Aser Pazos de Transporte, SL, con último domicilio coñecido en Ourense, expido e asino este edicto na Coruña o 6 de febreiro de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado