Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6895

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (DSP 1120/2011-M).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número DSP 1120/11-M por instancia de Welington Javier González Pressa contra Construcciones y Reformas Jaime Roca, S.L., Jaime Roca Espido e Silvia Tovar Vilariño, Atrezos Construcciones y Reformas, sobre despedimento, nos cales no día da data se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Wellington Javier González Pressa, contra Construcciones y Reformas Jaime Roca, S.L., Jaime Roca Espido e Silvia Tovar Vilariño, Atrezos Construcciones y Reformas, e en consecuencia, debo absolver as demandadas Jaime Roca Espido e Silvia Tovar Vilariño e Atrezos Construcciones y Reformas, por falta de lexitimación pasiva e a Construcciones y Reformas Jaime Roca, S.L., pola caducidade da acción de despedimento exercida.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada non se admitirá sen a consignación previa do importe da condena que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, máis 150 euros do depósito especial indicado no artigo 227.1.a) da LPL. Ambos os ingresos deberán efectuarse por separado na mesma conta corrente antes indicada, e a empresa poderá substituír o importe da consignación pola constitución á disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Atrezos Construcciones y Reformas, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado excepto as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, e expido e asino este na Coruña o 6 de febreiro de 2012.

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial