Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6850

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2012 pola que se aproba e fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional técnico superior de investigación, análise elemental, grupo I desta universidade.

Por Resolución reitoral do 2 de decembro de 2011 (DOG do 22 de decembro e BOE do 5 de xaneiro de 2012), convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico superior de investigación, análise elemental, do grupo I da USC, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, o reitor

RESOLVE:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a listaxe provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros e na web: http://www1.usc.es/webpas/

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de persoas admitidas, dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivasen a exclusión ou a omisión.

Cuarto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a ser incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2012.

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela