Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2012 Páx. 6689

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (863/2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 863/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana Belén Allo Morono contra a empresa Mónica Bancells Carrancio, Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decido que debo estimar e estimo parcialmente a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Ana Belén Allo Morono, contra a entidade Mónica Bancells Carrancio, e en consecuencia, debo condenar e condeno a Mónica Bancells Carrancio, a que lle aboe á demandante a cantidade de 1.802,25 euros brutos por salarios devengados entre xuño e outubro de 2010, así como a compensación económica por vacacións nese mesmo ano, incrementadas no xuro do 10% por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito perante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada non se admitirá sen a consignación previa do importe da condena que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, máis 150 euros do depósito especial indicado no artigo 227.1.a) da Lei de procedemento laboral. Ambos os ingresos deberán efectuarse por separado na mesma conta corrente antes indicada; a empresa poderá substituír o importe da consignación pola constitución á disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírteselle á destinataria Mónica Bancells Carrancio, que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de febreiro de 2012.

A secretaria xudicial