Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2012 Páx. 6691

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (605/2011).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número cinco da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 605/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Dina Kolpakova contra a empresa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvo que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Dina Kolpakova contra a entidade Framepa, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Framepa, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 6.345,45 € brutos polos salarios devengados entre novembro de 2010 e marzo de 2011, ambos inclusive, incrementados no xuro do 10% por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Con intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito perante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada, non se admitirá este sen a consignación previa do importe da condena, que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, máis 150 euros do depósito especial indicado no artigo 227.1.a) da Lei de procedemento laboral. Ambos os ingresos se deberán efectuar por separado na mesma conta corrente antes indicada, e a empresa poderá substituír o importe da consignación pola constitución á disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de febreiro de 2012.

A secretaria xudicial