Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2012 Páx. 6693

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

CÉDULA de notificación de sentenza (PO 391/11).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que perante este xulgado se tramitan autos co número PO 391/11 por instancia de María José Corral Gómez contra Taller de Confección Artextil, S.L., Stear, S.A., administración concursal e Fogasa sobre cantidade, nos cales no día da data se ditou sentenza que na súa parte dispositiva di textualmente:

«Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda que en materia de cantidade foi interposta por María José Corral Gómez, e en consecuencia debo condenar e condeno solidariamente á entidade Taller de Confección Artextil, S.L., e a súa administración concursal, así como a Stear, S.A., a que lle aboen á demandante a cantidade de 1.887,16 € brutos, correspondentes ás diferenzas salariais devengadas durante once meses do ano 2010, incrementadas no xuro do 10% por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito perante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada non se admitirá este sen a consignación previa do importe da condena que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, máis 150 € do depósito especial indicado no artigo 227.1.a) da Lei de procedemento laboral. Ambos os ingresos deberán efectuarse por separado na mesma conta corrente antes indicada, e a empresa poderá substituír o importe da consignación pola constitución á disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Taller de Confección Artextil, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado excepto as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, e expido e asino esta cédula na Coruña, 2 de febreiro de 2012.

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial