Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2012 Páx. 6695

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (P.O. 677/2011).

Francisco José Camino Suárez, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 677/2011 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Eva María García Piñeiro contra a empresa Lusfer, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Decido que debo aceptar e acepto a demanda presentada por Eva María García Piñeiro contra Lusfer, S.L. e condeno esta entidade a aboarlle á demandante 5.186,95 euros. Condeno tamén o Fogasa a estar e pasar pola presente resolución.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2012.

O secretario xudicial