Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2012 Páx. 6688

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (477/2011).

Eduardo José Castaño Barreiro, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento de Seguridade Social 477/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutual Midat Cyclops, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales, contra la empresa Autotécnicas TRV, S.L., Instituto Nacional de la Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, o Fogasa, sobre Seguridade Social, ditouse sentenza, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido que, estimando a demanda interposta por Mutual Midat Cyclops, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social número 1, contra el INSS y la empresa Autotécnicas TRV, S.L., debo declarar e declaro a responsabilidade directa da empresa codemandada nas prestacións de IT e gastos de asistencia sanitaria (5.467,47 €) derivadas dos accidentes de traballo sufridos por Washington Alejandro Saucedo, Rafael del Reguero Mata e Avilio Duque Jaimes, con responsabilidade subsidiaria do INSS, en caso de insolvencia do empresario, e absolución da TXSS.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contado desde a súa notificación e conforme os artigos 188 e seguintes da LPL, pasados os cales a sentenza quedará firme en dereito e procederase ao seu arquivo.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Autotécnicas TRV, S.L., en ignorado paradoiro, expido esta para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de febreiro de 2012.

O secretario xudicial