Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2012 Páx. 6687

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Betanzos

EDICTO (944/2008-L).

No procedemento de referencia ditouse a sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Betanzos, 29 de marzo de 2011.

Vistos por M. de Luna Taboada Martínez, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 desta cidade, os presentes autos do xuízo verbal número 944/2008, seguidos por instancia de Ángela Rey Lorenzo, representada pola Sra. Sexto Quintás, baixo a asistencia letrada da Sra. Calviño Castrillón, contra Ignacio Lorenzo Varela e Manuel Lorenzo Varela, en situación de rebeldía.

Resolvo que se rexeita integramente a demanda presentada pola procuradora Sra. Sexto Quintás, no nome e representación invocada, e, en consecuencia, se absolven os demandados de todos os pedimentos efectuados na súa contra, con imposición das custas causadas á parte demandante.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación que, de ser o caso, se deberá interpor ante este mesmo xulgado dentro dos cinco días seguintes a aquel en que se notifique esta resolución. Para a interposición do devandito recurso é necesaria a constitución de depósito na conta de depósitos e consignacións do xulgado, de acordo co establecido na disposición adicional décimo quinta da LOPX, e polo importe de 50 €, o cal deberá ser acreditado no momento da presentación do recurso.

Así o acorda, manda e asina M. de Luna Taboada Martínez, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Betanzos».

E como consecuencia do paradoiro ignorado de Ignacio Lorenzo Varela e Manuel Lorenzo Varela, declarados en situación de rebeldía, expídese ese edicto para que sirva de cédula de notificación.

Facúltase o portador desta cédula para intervir no seu dilixenciamento.

Betanzos, 7 de novembro de 2011.

O/a secretario/a