Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2012 Páx. 6684

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo

EDICTO (272/2000).

No xuízo referenciado, ditouse a sentenza cuxo encabezamento e decisión son do texto literal seguinte:

«Sentenza.

En Vigo, 15 de xuño de 2011.

Vistos por María Isabel Castro Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, os autos de menor contía sobre reclamación de cantidade, acción de nulidade e subsidiaria rescisión de contrato, co número 272/2000, promovidos por Licoleasing, S.A., representada polo procurador Sr. Toucedo Rey e asistida da letrada Sra. Fernández Mediero; contra Tomás González Lorenzo, María Consuelo Cordal Siaba, Cándido González Lorenzo, Silvana Mandado Rebouras, José Benito Nogueira Pérez, Filomena Rodríguez Rodríguez e Viguesa de Congelados, S.L., en situación procesual de rebeldía.

Decido que estimando totalmente a demanda interposta pola representación de Licoleasing, S.A. contra Tomás González Lorenzo, María Consuelo Cordal Siaba, Viguesa de Congelados, S.L., Cándido González Lorenzo, Silvana Mandado Rebouras, José Benito Nogueira Pérez e Filomena Rodríguez Rodríguez, debo declarar e declaro:

– Que Tomás González Lorenzo, María Consuelo Cordal Siaba e Viguesa de Congelados, S.L. deben solidariamente a Licoleasing, S.A. a cantidade de 82.354,09 euros, condenándoos ao seu aboamento, con incremento de xuros legais segundo os termos do contrato.

– A nulidade por falta de causa do contrato de dación en pagamento outorgado por Tomás González Lorenzo e María Consuelo Cordal Siaba a favor de Cándido González Lorenzo e Silvana Mandado Rebouras en escritura pública de data 15 de xullo de 1993, sobre o terreo rexistral n.º 16.108 do Rexistro da Propiedade de Vigo.

– A nulidade por falta de causa do contrato de compravenda sobre o mesmo terreo outorgado en data 25 de outubro de 1993 por Cándido González Lorenzo e Silvana Mandado Rebouras a favor de José Benito Nogueira Pérez e Filomena Rodríguez Rodríguez.

– A condena de Tomás González Lorenzo, María Consuelo Cordal Siaba, Cándido González Lorenzo e Silvana Mandado Rebouras, e José Benito Nogueira Pérez e Filomena Rodríguez Rodríguez, a restituír a titularidade do terreo á situación anterior aos citados contratos; e caso de non ser posible verificala por «perda» do terreo, circunstancia que se determinará xudicialmente, a restituír á demandante o valor da cousa cando se vendeu a terceiro, cos intereses desde a mesma data, ata o límite máximo da cantidade de 82.354,09 euros.

– A cancelación das anotacións rexistrais referidas aos actos anteriores.

– A imposición aos demandados condenados das costas procesuais derivadas da acción contra eles dirixida.

Notifíqueselle ás partes.

Contra a presente resolución cabe recurso de apelación, que haberá de prepararse neste xulgado no prazo de cinco días desde a súa notificación, para a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Conforme a D.A. décimo quinta da L.O.P.X., para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banesto, na conta deste expediente, indicando no campo «concepto» a indicación «Recurso» seguida do código «02 Civil-Apelación».

Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo a indicación «Recurso» seguida do código «02 Civil-Apelación».

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando, neste caso, no campo observacións a data da resolución recorrida co formato DD/MM/AAAA.

Así o acordo, mando e asino. A maxistrada xuíza, María Isabel Castro Martínez. Secretaria xudicial, María Lago Rivero».

En virtude do acordado nos autos de referencia, de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, polo presente notifícase a Viguesa de Congelados, S.L. os fins e baixo os apercibimentos neste contidos.

En Vigo, 23 de xaneiro de 2012.

O secretario xudicial