Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2012 Páx. 6555

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Vigo

EDICTO (504/2011).

Margarita Caloto Goyanes, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Vigo, mediante este,

Anuncio:

Neste procedemento ordinario 504/2011 seguido por instancia do Banco Santander, S.A., fronte a Gastronomía y Alimentación, S.L., Silconde, S.L., Celia Freire Rodríguez e Manuel Conde Silva ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza 22/2012.

En Vigo o dezaoito de xaneiro de dous mil doce.

Ana Barral Picado, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 dos de Vigo, vistos os autos correspondentes ao xuízo ordinario seguido ante este xulgado co número referenciado na marxe por instancia do Banco Santander, S.A., representado polo procurador Sr. González Puelles e baixo a dirección letrada do Sr. Iglesias Ares, contra Gastronomía y Alimentación, S.L., Silconde, S.L., Manuel Conde Silva e Cecilia Freire Rodríguez, todos eles en rebeldía procesual, dita esta con base nos seguintes.

Seguen os antecedentes de feito e os fundamentos de dereito, e decido que, estimando integramente a demanda promovida polo procurador Sr. González Puelles e baixo a dirección letrada do Sr. Iglesias Ares contra Gastronomía y Alimentación, S.L., Silconde, S.L., Manuel Conde Silva e Cecilia Freire Rodríguez, todos eles en rebeldía procesual, debo condenalos e condénoos solidariamente ao pagamento de sesenta e seis mil novecentos noventa e dous euros con noventa e oito céntimos, xuros pactados e custas do procedemento.

Notifíqueselles ás partes con advertencia de que non é firme e de que contra ela cabe recurso de apelación que se deberá interpoñer no prazo de vinte días ante este xulgado.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo. Seguen sinatura e rúbrica».

E, encontrándose os ditos demandados, Gastronomía y Alimentación, S.L., Silconde, S.L., Celia Freire Rodríguez e Manuel Conde Silva, en paradoiro descoñecido, expídese este co fin de que lles sirva de notificación en forma.

Vigo, 27 de xaneiro de 2012.

A secretaria xudicial