Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2012 Páx. 6553

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (1062/2010).

María Luisa Rodríguez Delgado, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela, mediante este anuncio:

Neste procedemento ordinario 1062/10 seguido por instancia de Santander Consumer, EFC, S.A., contra Luis Eduardo Sánchez Cerda e Laura Fernández González, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza 113/2011.

En Santiago de Compostela o 28 de xuño de 2011.

Vistos por Jesús Gómez Sánchez, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela estes autos de xuízo ordinario 1062/10 sobre reclamación de cantidade, seguidos ante este xulgado por instancia de Santander Consumer, EFC, S.A., representada polo procurador José Paz Montero e baixo a dirección letrada de Gonzalo Durán Rodríguez-Hervada, contra Luis Eduardo Sánchez Cerda e Laura Fernández González, en situación de rebeldía procesual, dítase esta sentenza en virtude dos seguintes:

Resolución estímase integramente a demanda interposta por Santander Consumer, EFC, S.A., representada polo procurador José Paz Montero contra Luis Eduardo Sánchez Cerda e Laura Fernández González, en situación de rebeldía procesual, e condénanse os demandados a que aboen á demandante a cantidade de quince mil cento cincuenta e tres euros con cincuenta céntimos (15.153,50 euros), máis os xuros de demora pactados ao dous por cento mensual ata o completo pagamento. Condénase nas custas do xuízo a parte demandada.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela pode interpoñerse recurso de apelación ante a Audiencia Provincial, neste mesmo xulgado, nun prazo de cinco días contados desde a notificación desta, advertíndolles da necesidade de constitución de depósito na conta de depósitos e consignacións do xulgado, nos termos indicados na disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A anterior sentenza foi publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe, celebrando audiencia pública no día da súa data, ante min a secretaria xudicial, do que dou fe.