Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2012 Páx. 6557

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DEM 211/2009).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial do Reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento DEM 211/2009, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Na Coruña o vinte e seis de decembro de dous mil once. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo n.º 211/2009 seguidos por instancia de Alma María Grandal Rey, representada pola letrada Sra. Espinosa, contra a empresa Sistems Autotest, S.L., Galery Engineering, S.L.N.E e Jandei, S.L., en rebeldía procesual e o Fogasa, que non comparece, versando a litis sobre reclamación de salarios.

Resolvo que, estimando integramente a demanda formulada por Alma María Grandal Rey representada pola letrada Sra. Segura Espinosa, contra a empresa Sistems Autotest, S.L, Galery Engineering, S.L.N.E e Jandei, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboar á demandante a suma de 2.353,79 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro e segundo, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo condenar e condeno subsidiariamente o Fogasa a responder de tales cantidades nos termos establecidos no artigo 33 E.T. Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que é firme e contra ela non cabe interpor recurso ordinario ningún, en virtude do disposto no artigo 191.2.g) Lei reguladora da xurisdición social 36/2011, do 11 de outubro (disposición transitoria segunda punto 1.º)».

E para que sirva de notificación en legal forma a Jandei, S.L., Galery Engineering, S.L.N.E. e Systems Autotest, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, na Coruña o 10 de xaneiro de 2012.

A secretaria xudicial