Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2012 Páx. 6558

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1077/2008).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial do Reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de demanda 1077/2008, seguido neste xulgado, ditouse sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Na Coruña o vinte e seis de decembro de dous mil once. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña e o seu partido, estes autos de xuízo número 1077/2008 seguidos por instancia de Juan Carlos Noya Pazos, representado polo letrado Sr. Pena Díaz, contra a empresa Grupo Orgeira, S.L., en rebeldía procesual, a Administradora concursal do Grupo Orgeira, Gloria Otero González e o Fogasa, que non comparece, versando a litis sobre reclamación de salarios.

Decido que, estimando parcialmente a demanda formulada por Juan Carlos Noya Pazos, representado polo letrado Sr. Pena Díaz, contra a empresa Grupo Orgeira, S.L., en rebeldía procesual, a Administradora concursal do Grupo Orgeira, Gloria Otero González e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboar á demandante a suma de 4.830,72 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo condenar e condeno subsidiariamente o Fogasa a responder de tales cantidades nos termos establecidos no artigo 33 do E.T.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que esta non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados desde a notificación desta sentenza, do que coñecerá, se é o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establece o artigo 188 e seguintes do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril, pasados os cales quedará firme e procederase ao seu arquivo».

E, para que sirva de notificación en legal forma a Grupo Orgeira, S.L., en ignorado paradoiro, expido esta para a súa inserción en el Diario Oficial de Galicia, na Coruña, o 12 de xaneiro de 2012.

A secretaria xudicial