Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2012 Páx. 6559

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DEM 203/2009).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial do Reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento DEM 203/2009, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Na Coruña o vinte e sete de decembro de dous mil once. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo n.º 203/2009 seguidos por instancia de María Dolores Villar Cabeza, representada polo letrado Sr. Pérez López, contra a empresa Noroeste Express Servicios Integrales de Paquetería, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que comparece representado polo letrado Sr. Morado Díaz, versando a litis sobre reclamación de salarios.

Resolvo que, estimando a demanda formulada por María Dolores Villar Cabeza, representada polo letrado Sr. Pérez López, contra a empresa Noroeste Express Servicios Integrales de Paquetería, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que comparece representado polo letrado Sr. Morado Díaz, debo condenar e condeno a demandada a aboar á demandante a suma de 1.308,51 euros, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa de todos os pedimentos contra el deducidos. Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que carece de recurso en atención á súa contía (artigo 191.2.g) da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social), polo que, unha vez notificada, quedará firme en dereito».

E para que sirva de notificación en legal forma a Noroeste Express Servicios Integrales de Paquetería, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, na Coruña o 13 de xaneiro de 2012.

A secretaria xudicial