Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2012 Páx. 6560

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

CÉDULA de notificación de sentenza 26/2012 (DEM 394/2009).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial do reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento DEM 394/2009, seguido neste xulgado, se ditou sentenza que no seu encabezamento e decisión é do teor literal seguinte:

«Na Coruña o vinte e catro de xaneiro de dous mil doce. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo n.º 394/2009 seguidos por instancia de Alicia Paola Binagui Ramírez, que comparece asistida do seu letrado Sr. Martínez Ramonde, contra a empresa Maremarlo de Hostelería, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, versando a litis sobre reclamación de salarios.

Decido que estimando integramente a demanda formulada por Alicia Paola Binagui Ramírez, que comparece asistida do seu letrado Sr. Martínez Ramonde, contra a empresa Maremarlo de Hostelería, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a lle aboar á parte demandante a suma de 5.466,66 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos casos previstos no artigo 33 E.T. Notifíqueselles esta resolución ás partes ás cales se lles fará saber que non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados desde a notificación desta sentenza, do cal coñecerá, se for o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establece o artigo 188 e seguintes do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril, pasados os cales quedará firme e será arquivada».

E para que sirva de notificación en legal forma a Maremarlo de Hostelería, S.L., en ignorado paradoiro, expido esta cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, na Coruña o 31 de xaneiro de 2012.

A secretaria xudicial