Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2012 Páx. 6561

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (407/2009).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial do Reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de demanda 407/2009, seguido neste xulgado, ditouse sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Na Coruña o vinte e catro de xaneiro de dous mil doce. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 407/2009 seguidos por instancia de Virginia María Varela López, que comparece por si mesma, contra a empresa Fernando Reyero, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, versando a litis sobre reclamación de salarios.

Decido que estimando integramente a demanda formulada por Virginia María Varela López, que comparece por si mesma, contra a empresa Fernando Reyero, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboar á parte demandante a suma de 6.731,84 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 E.T. Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que esta non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados desde a notificación desta sentenza, do que coñecerá, se é o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establece o artigo 188 e seguintes do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril, pasados os cales quedará firme e procederase o seu arquivo.»

E, para que sirva de notificación en legal forma a Fernando Reyero, S.L., en ignorado paradoiro, expido este para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en A Coruña, 31 de xaneiro de 2012.

A secretaria xudicial