Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2012 Páx. 6562

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

CÉDULA de notificación de sentenza 24/2012 (DEM 411/2009).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial do reforzo do Xulgado do Social número dous da Coruña, fai saber que no procedemento de demanda 411/2009, seguido neste xulgado, se ditou a sentenza que no seu encabezamento e decisión é do teor literal seguinte:

«Na Coruña o vinte e catro de xaneiro de dous mil doce. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número dous reforzo da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo n.º 411/2009 seguidos por instancia de Isabel Vázquez Castro, que comparece asistida do seu letrado Sr. Orantes Canales, contra a empresa Isma Textil, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, versando a litis sobre reclamación de salarios.

Decido que estimando integramente a demanda formulada por Isabel Vázquez Castro, que comparece asistida do seu letrado Sr. Orantes Canales, contra a empresa Isma Textil, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle á parte demandante a suma de 2.248,33 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 E.T. Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que en virtude do disposto no artigo 191.2.g) da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social, non cabe recurso contra ela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Isma Textil, S.L., en ignorado paradoiro, expido esta cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, na Coruña o 31 de xaneiro de 2012.

A secretaria xudicial