Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2012 Páx. 6563

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (360/2009).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial do Reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento Demanda 360/2009, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Na Coruña o trece de xaneiro de dous mil doce. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 Reforzo da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo n.º 360/2009, seguidos por instancia de Ana Yolanda Filgueiras Otero e Ana Isabel Edreira Morís, representadas pola letrada Sra. Vázquez Méndez, contra a empresa Wakan Tanka, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, versando a litis sobre reclamación de salarios.

Resolvo que, estimando integramente a demanda formulada por Ana Yolanda Filgueiras Otero e Ana Isabel Edreira Morís, representadas pola letrada Sra. Vázquez Méndez, contra a empresa Wakan Tanka, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboar á demandante a suma de 6.109,78 euros, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo absolver o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos supostos establecidos no artigo 33 ET. Notifíquese esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que esta non é firme e contra ela cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se debe anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados desde a notificación desta sentenza, e do cal coñecerá, se for o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establece o artigo 188 e seguintes do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril, pasados os cales quedará firme e se procederá ao seu arquivo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Wakan Tanka, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, na Coruña o 31 de xaneiro de 2012.

A secretaria xudicial