Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2012 Páx. 6612

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se dispón a publicación no Diario Oficial de Galicia da modificación do artigo 48. Capital social mínimo, dos estatutos da entidade Dimaco, Sociedad Cooperativa Gallega.

O artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, modificada pola Lei 14/2011, do 16 de decembro, e o Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do rexistro de cooperativas de Galicia, no seu artigo 53, establece a obrigatoriedade da publicación, no Diario Oficial de Galicia, da modificación do artigo 48 dos estatutos, Capital social mínimo, da entidade Dimaco, Sociedad Cooperativa Gallega. O capital social mínimo fíxase en nove mil quince euros con dezaoito céntimos de euro (9.015,18 euros).

RESOLVO:

Dispoñer a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da modificación do artigo 48 dos estatutos, Capital social mínimo, da entidade Dimaco, Sociedad Cooperativa Gallega. O capital social mínimo fíxase en nove mil quince euros con dezaoito céntimos de euro (9.015,18 euros).

A Coruña, 18 de xaneiro de 2012.

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña