Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2012 Páx. 6611

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da modificación do artigo 2. Domicilio social, dos estatutos da entidade Sociedad Cooperativa Gallega Bergantiños.

O artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, modificada pola Lei 14/2011, do 16 de decembro, e o Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do rexistro de cooperativas de Galicia, no seu artigo 53, establece a obrigatoriedade da publicación, no Diario Oficial de Galicia, da modificación do artigo 2 dos estatutos, domicilio social, da entidade Sociedad Cooperativa Gallega Bergantiños, que pasa a ser na avenida Ponte da Pedra, número 18-1.º B, 15100 Carballo (A Coruña),

RESOLVO:

Dispoñer a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da modificación do artigo 2 dos estatutos, domicilio social, da entidade Sociedad Cooperativa Gallega Bergantiños, que pasa a ser na avenida Ponte da Pedra, número 18-1.º B, 15100 Carballo (A Coruña).

A Coruña, 13 de xaneiro de 2012.

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña