Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2012 Páx. 6609

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 26 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador AEPI 029 2011, incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 13 de decembro de 2011, o instrutor do procedemento ditou proposta de resolución do expediente sancionador AEPI 029 2011, incoado na Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Sanidade a Sala de Festas Chambonea; CIF: B-32401689.

Intentada a notificación da proposta de resolución segundo o disposto no artigo 59.2.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícaselle a Sala de Festas Chambonea, CIF: B-32401689, o contido da dita proposta de resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avda. de Zamora, n.º 13, de Ourense, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido da dita proposta de resolución no mencionado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 26 de xaneiro de 2012.

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador: AEPI 029 2011.

Denunciado: Sala de Festas Chambonea.

Documento de identificación: B-32401689 (CIF).

Último enderezo coñecido: rúa Remedios, 9-baixo, 32002 Ourense.

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: artigo 19.3.b) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos de tabaco.

Tipificación: grave.

Sanción proposta: oitocentos euros (800 €).