Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2012 Páx. 6607

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Coles (expediente IN407A 2011/84-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira 2, 32960 Velle.

Denominación: recuamento estrada Vilarchao-Os Peares.

Situación: Coles.

Descricións técnicas:

L.M.T. aérea a 20 kV de 158 m VLL810 con derivación ao C.T. existente fábrica de mobles Cosmán (32PY36) con condutor LA-56 e orixe no poste B3 L.M.T. Vilarchao (32C916) (expediente 2007/254) e remate no poste B4 L.M.T Lavandeira (32AGC3). (Expediente 2007/277).

L.M.T. VLL810 con derivación ao C.T. existente Vilarchao bombeo (32PG24) a 20 kV de 91 m con condutor LA-110 e orixe no poste 163-A49 L.M.T. Vilarchao (32C916). (Expediente 2007/254) e remate no poste 163-A49A L.M.T. Mira de Coles (32ABP1).

L.M.T. subterránea VLL810 de 91 m a 20 kV de 20 m con condutor R.H.Z.1 e orixe no poste B3 L.M.T. Vilarchao 32C916 (expediente 2007/254) e remate na L.M.T. ao C.T. fábrica de mobles Cosmán (32 PY36).

Orzamento: 17.751,26 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ao seu dereito.

Ourense, 26 de xaneiro de 2012.

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense