Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2012 Páx. 6613

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 17 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai público o requirimento de documentación correspondente a unha solicitude do Programa de promoción de emprego autónomo.

Intentada a notificación do dito requirimento segundo o disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle a interesada o contido do requirimento que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

De acordo con esta notificación requíreselle para que emende a falta ou presente os documentos sinalados, orixinal ou fotocopia compulsada, no prazo improrrogable de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula, e advírteselle que a non presentación da xustificación no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento da subvención solicitada, de conformidade co preceptuado no artigo 12 da Orde do 1 de marzo de 2007 (DOG núm. 48, do 8 de marzo), en relación co artigo 76 da Lei 30/1992.

Recórdaselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, situadas na rúa Concepción Arenal, 8-2.º, 36201 Vigo (Pontevedra), e obter unha copia deste requirimento, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Vigo, 17 de xaneiro de 2012.

Carmen Bianchi Valcarce
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

N.º de expediente: TR341D 2007/538-5.

Nome ou razón social: María Marinheiro Marracho.

DNI/NIF/CIF: X2103214W.

Último enderezo coñecido: Fariña Ferreño, 22-baixo, 36600 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Tipo de axuda: renda para o inicio da actividade.

Contido do requirimento: petición de DNI vixente e actualizado.

Data do requirimento: 18 de maio de 2011.

Orde da convocatoria das axudas: 1 de marzo de 2007 (DOG do 8 de marzo).