Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2012 Páx. 6615

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 7 febreiro de 2012 pola que se notifica a reclamación de custos ocasionados por retirada e traslado da embarcación Morgaine con folio 7.ª CO-2-43-97.

De conformidade co disposto no artigo 59.4.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia a Borja Fernández Lorenzo, con DNI 53180097-A, en tanto que propietario da embarcación Morgaine con folio 7.ª CO-2-43-97, segundo os datos que facilita a Dirección Xeral da Mariña Mercante, a reclamación dos custos ocasionados pola retirada e traslado ao almacén do porto de Tragove da embarcación citada afundida no porto de Raxó, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos no derradeiro enderezo coñecido sito na avenida Alcalde Portanet, 17-1.º C, 36201 Vigo (Pontevedra).

O importe dos custos derivados das operacións de retirada e traslado da embarcación executado de maneira subsidiaria por razóns de urxencia o día 8 de xullo de 2011, ascende á cantidade de douscentos sesenta e catro euros con trinta e dous céntimos de euro (264,32 €), IVE engadido.

A reclamación efectúase ao abeiro do artigo 304.2 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante.

Na súa virtude requírese a Borja Fernández Lorenzo, con DNI 53180097-A, para que proceda nos prazos previstos no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, a aboar a cantidade de douscentos sesenta e catro euros con trinta e dous céntimos de euro (264,32 €), IVE engadido.

Cara ao aboamento da citada cantidade deberá de empregarse o modelo de impreso que se facilitará nos Servizos Centrais de Portos de Galicia sitos en Área Central, praza de Europa, portal 5-A de Santiago de Compostela, número de teléfono 902 40 08 70.

De non aboarse a dita cantidade no prazo sinalado esta será exixida pola vía de constrinximento.

O expediente completo atópase nas dependencias dos Servizos Centrais de Portos de Galicia onde poderá ser examinado das 9.00 ás 14.00 horas.

A reclamación que efectúa a dirección do ente público e que ten eficacia executiva, non esgota a vía administrativa polo que, contra esta, cabe interpoñer recurso de alzada perante o presidente de Portos de Galicia no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación.

E para que conste e lle sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2012.

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia