Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 2012 Páx. 6202

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Gijón

EDICTO (744/2011).

Carmen Villar Sevillano, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Gijón, fago saber que no procedemento p. oficio autoridade laboral 744/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia da Delegación do Goberno en Asturias contra a empresa Bar Casa Prendes, S.L., Carlene da Silva Santos, Joseline Dias Mota, Gyrlane Jeronimo da Silva, Mishell Alfonsina del Mar Morfe de la Cruz, Jackeline Lelia da Silva, Grismele Johanny Alcántara Molina, sobre proced. oficio, ditouse sentenza, cuxo ditame se xunta:

Estimar integramente a demanda interposta pola Inspección de Traballo e Seguridade Social contra Bar Casa Prendes, S.L., declarando que entre esta e Carlene da Silva Santos, Joseline Dias Mota, Gyrlane Jeronimo da Silva, Mishell Alfonsina del Mar Morfe de la Cruz, Jackeline Lelia da Silva e Grismele Johanny Alcántara Molina, existía relación laboral no momento de efectuar a visita da Inspección de Traballo e Seguridade Social, debendo estar e pasar pola anterior declaración.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe a interposición de recurso de suplicación, para a súa resolución pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza do Principado de Asturias, que deberá anunciarse dentro dos cinco días seguintes á notificación da sentenza; para iso bastará a mera manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou do seu representante, ao facerlle a notificación daquela, do seu propósito de inicialo. Tamén poderá anunciarse por comparecencia ou por escrito das partes ou do seu avogado ou graduado social colexiado, ou representante ante o xulgado que ditou a resolución impugnada, dentro do indicado prazo.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas, e déixese testemuño desta nos autos principais.

Así o pronuncio e asino, en nome do rei e en virtude dos poderes que me foron conferidos pola Constitución española.

E para que sirva de notificación en legal forma a Grismele Johanny Alcántara Molina, en ignorado paradoiro, expido esta para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En Gijón o vinte e cinco de xaneiro de dous mil doce.

A secretaria xudicial