Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 2012 Páx. 6204

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1162/2009).

Eu, Marta Yanguas del Valle, secretaria do Social número 4 da Coruña (reforzo), fago saber que nos autos rexistrados co número 1162/2009 se ditou a resolución co encabezamento e decisión seguintes:

«Sentenza.

A Coruña, 27 de xaneiro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 1162/2009, sendo demandante Francisco Javier Varela Fonte, representado pola letrada Sra. Vázquez Méndez, e demandada a empresa Grupo Náutico Deportivo Sada, S.L.

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Francisco Javier Varela Fonte contra a empresa Grupo Náutico Deportivo Sada, S.L. e, en consecuencia, condeno esta última a lle aboar a Francisco Javier Varela Fonte a cantidade de 7.965,36 euros que debe, cantidade esta que se deberá incrementar co xuro de mora do 10%.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos cinco (5) días seguintes ao da notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación a Grupo Náutico Deportivo Sada, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 31 de xaneiro de 2012.

A secretaria xudicial