Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 2012 Páx. 6205

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1313/2009).

Eu, Marta Yanguas del Valle, secretaria do Social número 4 da Coruña (reforzo), fago saber que nos autos rexistrados co n.º 1313/2009 se ditou a resolución co encabezamento e decisión seguintes:

«Sentenza.

A Coruña, 12 de decembro de 2011.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 1313/2009, sendo demandante Nicolasa María Ventureira Mata, representada pola letrada Sra. Muruzábal López, e demandada Charoa, S.L., non compareceu o Fondo de Garantía Salarial.

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Nicolasa María Ventureira Mata contra Charoa, S.L., e, en consecuencia, condeno esta última a lle aboar a Nicolasa María Ventureira Mata a cantidade de 28.053,49 euros que debe.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos cinco (5) días seguintes ao da notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación a Charoa, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 31 de xaneiro de 2012.

A secretaria xudicial