Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 2012 Páx. 6207

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2012, do Servizo Provincial da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación -trámite de urxencia- para a expropiación dos bens e dereitos afectados pola modificación número 1 do proxecto construtivo da conexión do corredor Brión-Noia coa estrada AC-550 en Taramancos (Noia), clave AC/09/112.01.M1.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia, establece no seu número 2 a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras citadas no encabezamento desta resolución atópanse incluídas no programa de obras que se realizarán con cargo ao programa 512-B, construción, conservación e explotacións de estradas.

O 24 de setembro de 2009, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para os efectos de expropiación para a mencionada obra por Decreto 393/2009, publicado no DOG n.º 202, do 15 de outubro.

O 15 de decembro de 2011, a directora xeral de Infraestruturas, por delegación do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestrututras aprobou a modificación n.º 1 do proxecto construtivo da conexión do corredor Brión-Noia coa estrada AC-550 en Taramancos (Noia), clave AC/09/112.01.M1, termo municipal de Noia.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servizo, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolve convocar os titulares de bens e dereitos afectados, para que comparezan no lugar, data e hora que se citan para proceder ao levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se recollerán os datos necesarios para determinar os bens e dereitos afectados e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Lugar: Casa do Concello de Noia.

Día: 12 de marzo de 2012.

Horario: das 10.00 ás 13.00 horas.

De Agrafojo Canedo, Pastora a Muñiz Turnes, Manuela.

Horario: das 15.30 ás 17.00 horas.

De Núñez Sanmartín, Ángel a Santamaría Insua, Manuela.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes estarán expostos no concello de Noia, e no Servizo Provincial da Coruña (praza Luís Seoane, s/n, 8.ª 15071 A Coruña).

Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, que presentarán os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade, e último recibo da contribución, e poderán ir acompañados, pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, a fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servizo Provincial da Coruña, as alegacións que coiden pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos ao relacionar os bens afectados pola urxente ocupación.

A Coruña, 31 de xaneiro de 2012.

Antonio N. López Grueiro
Xefe do Servizo Provincial da Coruña