Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 2012 Páx. 6209

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 1 de febreiro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica a resolución ditada no recurso interposto contra a resolución do expediente sancionador en materia de estradas devolta polo servizo de Correos porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente O-2003/0183).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se indica no anexo a resolución do recurso interposto contra a resolución do expediente sancionador instruído por infracción da normativa reguladora de estradas, porque intentada a notificación non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 61 da citada lei, o interesado dispón dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, para examinar a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada nos edificios administrativos de San Caetano en Santiago de Compostela.

Fáiselle saber que contra a devandita resolución, definitiva na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao remate do prazo de dez días antes sinalado ou ao da comparecencia do interesado, se é o caso.

A multa deberá facerse efectiva, coa clave 390001, por calquera dos seguintes medios:

– NGBanco: cta. contable 840. Código 001.

– BBVA: transacción 1316, NIF S1511001H.

– Banesto.

– http://www.cixtec.es/conselleria

e de non facelo así procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro.

E para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2012.

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente

N.º recurso

Recorrente

Representante

Feito sancionado

Precepto infrinxido

Sanción imposta

Resolución do recurso

SANC/38/03

O-2003/0183

Prefabricados T. Val, S.L.

Manuel Tato Pérez

Construír unha edificación e realizar un recheo sobre terreos de dominio público da estrada PO-341, Vincios-Couso, p.q. 2+800, termo municipal de Gondomar.

Artigo 43.4.a) da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia.

3.005,06 €, xunto coa obriga de reposición do medio físico ao seu estado anterior á comisión da infracción.

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta.