Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 2012 Páx. 6200

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (659/2008).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña, fago saber que a sentenza ditada o día 9.1.2012, no proceso seguido por instancia de Manuel Ferreiro Castelo, contra o INSS-TXSS, Juan María Blanco Golán, herdeiros descoñecidos e incertos de Juan María Blanco Golán e Nuevo María del Mar, en reclamación por xubilación, rexistrado co número 659/2008, acordouse notificar a Juan María Blanco Golán, herdeiros descoñecidos e incertos de Juan María Blanco Golán e Nuevo María del Mar, a seguinte sentenza cuxo encabezamento e ditame di o seguinte:

«N.º autos: demanda 659/2008.

Na cidade da Coruña, 9 de decembro de 2011.

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña tras ter visto estes autos sobre seguridade social entre partes, dunha como demandante Manuel Ferreiro Castelo, que comparece asistido do letrado Sr. Baltar Pombo, e doutra como demandado Nuevo María del Mar, que non comparece, Juan M.ª Blanco Golán, e herdeiros descoñecidos e incertos de Juan María Blanco Golán, que non comparecen, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), e o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), que comparece representado pola letrada Sra. Suárez Berea.

Decido que, desestimando a demanda interposta por Manuel Ferreiro Castelo contra o Instituto Social da Mariña, a TXSS, Juan María Blanco Golán, herdeiros de Juan María Blanco Golán e Nuevo María del Mar, debo absolver e absolvo os demandados dos pedimentos contidos nela.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, do que coñecerá, se é o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establece o artigo 188 do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Juan María Blanco Golán, herdeiros descoñecidos e incertos de Juan María Blanco Golán e Nuevo María del Mar, en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 30 de xaneiro de 2012.

María Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial