Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 2012 Páx. 6198

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (445/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que a sentenza ditada o día 18.1.2012, no proceso seguido por instancia de Patricia Pena González, contra o Fogasa e a empresa Mariscos Gallegos por Internet, S.A., en reclamación por despedimento, rexistrado co n.º 445/2011, acordouse notificarlle á empresa Mariscos Gallegos por Internet, S.A. a seguinte sentenza cuxo encabezamento e decisión din o seguinte:

«N.º sentenza: 40/2012.

N.º autos: despedimento/cesamentos en xeral 445/2011.

A Coruña, 18 de xaneiro de 2012.

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 da provincia da Coruña, tras ter visto os presentes autos sobre despedimento entre partes, dunha, e como demandante, Patricia Pena González, que comparece asistida do letrado Miguel Orantes Canales, e doutra, como demandados, Mariscos Gallegos por Internet, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial-Fogasa, que non comparecen, ningún dos dous demandados, malia estaren citados en legal forma.

Decido que, aceptando a demanda interposta por Patricia Pena González contra a empresa Mariscos Gallegos por Internet, S.A., debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado á demandante e extinguida a relación laboral na data da presente resolución, condenando a demandada ao aboamento dunha indemnización de 34.500,59 euros máis 26.325,01 euros por salarios de tramitación.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá, ao anunciar o recurso, entregar o xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se trate de localización.

E para que lle sirva de notificación á empresa Mariscos Gallegos por Internet, S.A., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 30 de xaneiro de 2012.

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial