Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 2012 Páx. 6197

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2012 pola que se aproba e se fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para cubrir sete prazas na escala técnica superior de administración da USC, subgrupo A1, catro pola quenda de promoción interna e tres pola quenda de acceso libre.

Por Resolución reitoral do 8 de novembro de 2011 (DOG do 22 de novembro e BOE do 19 de decembro), convocáronse probas selectivas para cubrir sete prazas na escala técnica superior de administración da USC do subgrupo A1, catro pola quenda de promoción interna e tres pola quenda de acceso libre.

Por Resolución reitoral do 20 de xaneiro de 2012 (DOG do 3 de febreiro), modifícase a composición do tribunal cualificador das ditas probas selectivas.

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, o reitor

RESOLVE:

Primeiro. Declarar aprobadas e facer públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Indicar que as listaxes provisionais de persoas aspirantes admitidas e excluídas están expostas nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros e na web:

http:www1.usc.es/webpas/

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de persoas admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivaron a exclusión ou a omisión.

Cuarto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2012.

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela